Reino de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Granada, España
m →‎Historia: provincia de Granada
Liña 28:
== Historia ==
[[Ficheiro:Granada 1492 Detail.jpg|thumb|left|250px|Encontro de [[Muhammad XII de Granada|Boabdil]] cos [[Reis Católicos]] tras a derrota do Reino de Granada.]]
Tras a derrota [[almohade]] en [[1212]] na [[Batalla das Navas de Tolosa]], comeza a tomar importancia no sueste de [[al-Ándalus]] a dinastía [[nazarí]], liñaxe de orixes árabes cuxo fundador foi [[Muhammad ibn Nasr|Alhamar]], quen se proclamou sultán no [[1232]], sendo recoñecido como tal polas [[oligarquía]]s de [[Guadix]], [[Baza]], [[Xaén]], [[Málaga]] e [[Almería]]. No [[1234]] declarouse vasalo do poder de [[Córdoba]], pero en [[1236]] [[Fernando III de Castela|Fernando III]] conquista a dita cidade e Alhamar fíxose vasalo do rei castelán, o que lle permitíu conservar a súa independencia. No [[1238]] Alhamar ampliou os seus dominios conquistando [[provincia de Granada|Granada]], pero no [[1246]] Fernando III arrebatoulle Xaén, para consolidar as súas conquistas no val do [[Guadalquivir]], o que obriga a [[Muhammad ibn Nasr|Alhamar]] a firmar o Pacto de Xaén, no que recoñecía o rei cristián como señor daquel territorio e se obrigaba a pagar as [[paria]]s para conseguir paces de vinte anos.
 
No [[1305]] os nazarís conquistaron [[Ceuta]], aínda que no [[1309]] o [[Reino de Fez]] a reconquistou grazas á axuda dos [[Reino de Aragón|aragoneses]]. No [[1325]], tras o asasinato do seu pai [[Ismail I de Granada]], Muhammad IV accedeu ao trono de Granada. No [[1333]], arrebatou [[Algeciras]] e [[Xibraltar]] aos casteláns, aínda que non puido gozar dos seus éxitos militares posto que foi asasinado ese mesmo ano, aos 18 anos de idade, sendo sucedido polo seu irmán menor Iusuf I. No [[1348]] os nazarís conquistaron [[Ceuta]] por segunda vez e a volveron perder no [[1387]]. Tras isto, o reino queda baixo o goberno de distintos soberanos que foron incapaces de manter o control do territorio. Sucedéronse as disputas dinásticas ata que no ano [[1492]], durante o goberno de [[Muhammad XII de Granada|Boabdil]], os [[Reis Católicos]] puxeron fin ao reino conquistando a capital e facendo que o rei capitulase ante os soberanos cristiáns ese mesmo ano.