Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 8:
[[Ficheiro:Crema.jpg|thumb|410px|Aditivos na lista de ingredientes dunha sobremesa láctea (''natillas'')]]
== Antecedentes históricos ==
A utilización de substancias para modifica-lo sabor, a textura ou outras características, ou para prolonga-la conservación dos alimentos vénse facendo desde hai séculos. O uso do [[sal común|sal]] ou do [[vinagre]] son claros exemplos históricos da busca destes obxectivos. Os romanos queimaban [[xofre]] sobre as cántaras de [[viño]] para liberar anhídrido sulfuroso (o que hoxe sería o E-220), con intención de desinfectalas e que o viño se conservase máis tempo, buscando o mesmo efecto que recentemente se perseguía en Galicia queimándoo nos bocois, e hoxe engadindo sulfitos.
 
O desenvolvemento da industria alimentaria no século pasado, as necesidades introducidas polos novos circuítos de distribución dos alimentos e os cambios nos hábitos alimenticios, sen esquece-los evidentes intereses económicos da industria alimentaria, trouxeron consigo novas tecnoloxías na elaboración e, con elas, a incorporación de numerosas substancias químicas con obxectivos tecnolóxicos, nacendo así o actual concepto de aditivo alimentario. O seu uso nos alimentos non estaba exento de riscos sanitarios, o que fixo necesario un control legal moi estrito en tódolos países.