Adozante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Tipos de Edulcorantes: Alitamo: non autorizado
Lameiro (conversa | contribucións)
listaref
Liña 55:
 
== Tipos de edulcorantes ==
* [[Sacarosa]].
É o compoñente do azucre de mesa, (100% de sacarosa), obtense da [[remolacha]] (que contén un 15%) ou da [[cana de azucre]] (20% de contido en sacarosa) e encóntrase de forma natural na maior parte das froitas. O azucre é o edulcorante natural por excelencia. O azucre (sacarosa) utilizase como patrón para comparar o poder edulcorante das outras sustancias. Pode considerarse constituída pola unión dunha molécula de glicosa e outra de frutosa.
 
* [[Glicosa]].
É un monosacárido característico. Está presenta na constitución da [[sacarosa]] ou azucre común e constitúe o alimento fundamental das [[célula]]s.
 
* [[Frutosa]].
Coñecida tamén pola denominación "azucre para diabéticos". Utilizase na elaboración de sobremesas e produtos para [[diabetes|diabéticos]]. Ten un poder edulcorante 1,7 veces comparado co da sacarosa ou azucre de mesa. Atópase nas froitas e no mel.
 
* [[Sucralosa]].
Foi descuberta en 1976.Fabricase a partir do azucre, e é 600 veces mais doce que esta. Non provoca caries. Non se transforma no organismo e polo tanto non achega calorías.
É moi soluble en auga e presenta unha elevada estabilidade nunha ampla gama de alimentos procesados e bebidas. Emprégase como edulcorantes de mesa, en froitas procesadas, chicles e produtos forneados.
Mais de 100 estudios científicos aseguran que pode ser consumida por calquera persoa. En 1990 foi aprobada por la Administración de Alimentos y Fármacos (FDA) de Estados Unidos. A inxestión diaria admisible é de 0-15 miligramos por quilogramo de peso corporal.
 
* [[Aspartamo]]. '''E 951'''
Descuberto en 1965 por J.P. Schlatter, o aspartamo está formado pola unión de dous aminoácidos (constituíntes básicos das proteínas), denominados fenilalanina e ácido aspártico
Dependendo da concentración da disolución o poder edulcorante do aspartamo é de 100 a 200 veces o da sacarosa. O consumo de alimentos que conteñen aspartamo deixa na boca un sabor doce permanente, a diferenza doutros edulcorantes que deixan un regusto amargo.
Liña 82:
A Inxestión Diaria Admisible (I.D.A.) de aspartamo é de 40.0 mg/kg
 
* [[Ciclamato]] '''E 952'''.
Os ciclamatos (sales de sodio do ácido ciclámico) foron descubertos en 1937 e comercializados nos USA nos anos 1960.
O ciclamato é unhas 50 veces máis doce que o azucre. Os ciclamatos son resistentes á calor, ó pH ácido e ó pH alcalino.
Liña 89:
O seu consumo está contraindicado en nenos e embarazadas.
 
* [[Sacarina]] '''E 954'''.
A sacarina foi descuberta de xeito casual en 1879 polo químico alemá Constantin Fahlberg, que estudaba na Universidade Johns Hopkins (EEUU). Descubriu que un derivado do alcatrán presentaba un sabor extremadamente doce. Foi o primeiro edulcorante sen calorías que se descubriu.
Foi recoñecida como segura en 1959 e con posterioridade foi prohibida nalgúns países, como [[Francia]] e [[Canadá]]. En Estados Unidos hai que facer constar nas etiquetas dos produtos que a conteñen que é un aditivo nocivo para a saúde. Demostrouse que nas doses habituais non é tóxica (menos de 2,5 g ó día). A Inxesta Diaria Admisible (I.D.A.) de Sacarina é de 2.4 mm/ kg. Un frasco de sacarina líquida debe durar polo menos un mes. Non está aconsellada en mulleres embarazadas.
Liña 96:
A forma máis empregada é a sal sódica. Ten un regusto amargo cando se utiliza a concentracións altas. Ó igual que o ciclamato, é un edulcorante que resiste o quecemento e os medios ácidos, polo que é moi útil no procesado de alimentos.
 
* [[Azucre-alcohol]] ou poliol.
Os poliois exhiben o grupo funcional alcohol, -OH, repetidamente. Exemplos dos mesmos son o [[sorbitol]], [[manitol]], [[xilitol]], [[isomaltol]], [[maltitol]], [[lactitol]] e o [[xarope de glicosa]].
Encóntranse en alimentos de maneira natural e obtéñense industrialmente por hidroxenación do amidón ou da sacarosa.
Liña 104:
O seu consumo está contraindicado nos nenos, especialmente se son menores de 3 anos. Os trastornos gastrointestinais que poden ocasionar en outras persoas, se son consumidos en exceso, non acostuman revestir gravidade.
 
* [[Sorbitol]] '''E-420'''.
É un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol, de tipo monosacárido hidroxenado.
Achega menos enerxía que o azucre, non afecta ós niveis de azucre en sangue e non provocan caries.
Liña 112:
Non deben tomarse máis de 5 chicles ó día.
 
* [[Xilitol]]. '''E 967'''.
É un [[azucre-alcohol]], polialcohol, ou poliol, de tipo monosacárido hidroxenado.
Poliol de poder edulcorante igual ó da sacarosa, moi utilizado na industria dos chicles e outras lambetadas. Ten un efecto de arrefriamento do padal polo que os produtos que o conteñen resultan refrescantes.
 
* [[Manitol]] . '''E 421'''.
É un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol de tipo monosacárido hidroxenado. Pode obterse por hidroxenación do azucre [[manosa]].
 
* [[Maltitol]] '''E 965''' .
É un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol, de tipo disacárido hidroxenado. Emprégase en chicles, alimentos para diabéticos e alimentos dietéticos.
 
* [[Polidextrosa]] '''E 1200'''.
Substituto do volume de azucre pero non do seu sabor doce, polo que aínda que substitúe o azucre, en sentido estrito non é un edulcorante. Utilizado como substituto do azucre en varias aplicacións alimentarias como xeados, galletas, iogures, pastelaría, etc.
 
Liña 128:
Está feito a partir do [[azucre]] e emprégase nunha gran variedade de [[alimento]]s e [[fármaco]]s. Ten o mesmo gusto, textura y aparencia que o azucre e proporciona a metade de calorías. Non produce caries.
 
* [[Neoazucres]].
Reciben esta denominación unha serie de azucres da familia dos fruto-[[oligosacárido]]s.
Obtéñense transferindo unha ou varias moléculas de frutosa a unha molécula de sacarosa-frutosa.
 
* [[Taumatina]] '''E 957'''.
É un dos edulcorantes máis poderosos.
É unha proteína extraída do katemfe, un arbusto de África Occidental, que o organismo metaboliza como as demais proteínas da dieta.
 
* [[Acesulfamo-k]] , '''E 950'''.
Iste edulcorante non é metabolizado polo organismo eliminándose pola ouriña na súa totalidade. Adoza 200 veces más que o [[azucre]].
A Inxesta Diaria Admisible (I.D.A.) de Acesulfamo é de 9.0 mg/kg
 
* [[Neohesperidina dihidrocalcona]] '''E 959'''.
Elaborado a partir dada "Laranxa amarga" (Citrus aurantium).
 
Liña 147:
Non está autorizado na Unión Europea nin nos Estados Unidos <ref>Segundo a [http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/aditivos/edulcorantes.html Universidade de Zaragoza].</ref>.
 
* [[Monelina]] .
É unha proteína extraída do froito “baga de Nixeria”. O seu poder edulcorante é de 2.000, aproximadamente. O seu sabor doce prolóngase na boca ate case media hora despois do seu consumo.
 
* [[Miraculina]].
É unha glucoproteina extraída do froito Syncepalurn dulcificum.
 
* [[Esteviósido]].
É un glucósido das follas da “Stevia rebaudiana”. O seu poder edulcorante está comprendido entre 120 y 240.
 
* [[Glizirrizina]].
Edulcorante de sabor apreciado. Pode ocasionar trastornos de diversa índole polo que pode ser perigoso.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==