Trienio liberal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m Castela - Castilla
Liña 2:
O [[1 de xaneiro]] de [[1820]] tivo lugar, entre as tropas que estaban destinadas para ir loitar contra os movementos emancipadores americanos acampadas en [[Cabezas de San Juan]] ([[Provincia de Sevilla|Sevilla]]), o pronunciamento militar do tenente coronel [[Rafael del Riego]] que proclamou a restauración da [[Constitución de Cádiz]] e o restablecemento das autoridades constitucionais, pero que non tivo éxito ata que se constituiu na [[A Coruña|Coruña]] unha Xunta Superior Provisoria que estendeu a insurrección por toda Galicia e á que axiña se sumaron a maioría das grandes cidades españolas. O [[8 de marzo]] Fernando VII xurou a constitución, pola presión das circunstancias, e o 10 publicou un manifesto acatando a [[monarquía parlamentaria]].

Malia iso [[España]] viviu un longo período de inestabilidade política causada pola escasa consideración do monarca polo réxime constitucional e polos conflitos políticos causados pola rivalidade entre os liberais moderados, coñecidos como doceañistas, e os liberais exaltados, coñecidos como vintenos e que pretendían un réxime con maiores liberdades e que aplicase reformas sociais e que se axuntaban en sociedades patrióticas. Ademais das guerrillas absolutistas. Aínda así o goberno que dirixía [[Francisco Martínez de la Rosa]] aplicou as primeiras grandes reformas liberais que se acordaran nas Cortes de Cádiz, afirmación das liberdades fundamentais, a abolición da [[Inquisición]] e do réxime señorial, o reforzamento do proteccionismo cerealístico ademais de establecer unha amnistía que permitiu o regreso dos [[afrancesado]]s a España.

Entre 1820 e 1821 producíronse varias insurreccións locais en Galicia, [[Cataluña]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]], [[Castela - Castilla|Castela]], [[Navarra]] e [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]], pero non foi ata 1822 en que derivou nunha auténtica guerra civil sobre todo en Navarra e Cataluña e que contou co apoio da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], en total houbo arredor de 30.000 homes sublevados, con técnicas guerrilleiras aprendidas da [[Guerra de Independencia española|Guerra de Independencia]].

En xullo de 1822 unha sublevación da Garda Real transformouse nunha vitoria dos exaltados baixo o goberno de [[Evaristo San Miguel]] e en agosto de 1822 os sublevados estableceron a [[Rexencia de Urgell]], encabezada por Bernardo Mozo de Rosales (marqués de Mataflorida), Jaime Creus e Joaquín Ibáñez, que pretendían representaba a Fernando VII, a quen consideraban prisioneiro dos liberais. Pero non foron quen de derrubar ao réxime liberal, e a comezos de 1823 [[Francisco Espoz y Mina]] obrígaos a cruzar a fronteira [[Francesa|francesa]].

A [[Santa Alianza]] ([[Francia]], [[Austria]] e [[Rusia]]) decidira no [[Congreso de Verona]] que se celebrou o [[22 de outubro]] de [[1822]] acudir a España para restablecer o réxime absolutista e que se plasmou no envío dos Cen mil fillos de San Luís, 11.000 homes do exército francés baixo o mando de [[Luís Antonio de Borbón]], duque de Angulema, no mes de abril de 1823. Logo de atravesar os [[Pireneos]] restauraron o réxime absolutista.