Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
Redirixida cara a "Juan de Mariana"
Liña 1:
#REDIRECT [[Ficheiro:JuanDeMariana.jpg|thumb|200px|Juan de Mariana S. I.]]

'''Juan de Mariana''', coñecido como o '''Padre Mariana''', nado en [[Talavera de la Reina]] en [[1536]] e finado en [[Provincia de Toledo|Toledo]] o [[16 de febreiro]] de [[1624]], foi un [[xesuíta]], [[teólogo]] e [[historiador]] [[España|español]]. Xunto con [[Baltasar Gracián]] constitúe un exemplo representativo dos escritores da [[Compañía de Xesús]] no [[Século de Ouro]].

== Traxectoria ==

Fillo natural do [[deán]] da colexiata de Talavera, Xoán Martín, e de Bernardina Rodríguez, foi bautizado por iso na Pueblanueva o 2 de abril de 1536. Ao longo da súa vida houbo de soportar moitas afrentas a causa da súa humilde extracción.

Estudou [[Arte]]s e [[Teoloxía]] en [[Alcalá de Henares]], nunha atmosfera saturada de [[Humanismo]]. Alí tivo como mestre de noviciado a San [[Francisco de Borja]]. Profesou na [[Compañía de Xesús]] en 1554 en Simancas.

Acabou a súa formación sacerdotal no colexio xesuíta de [[Roma]] onde, a partir de 1561, foi un dos seus profesores, contando entre os seus alumnos ao futuro cardeal [[Roberto Belarmino|Belarmino]], que sería protector de [[Francisco Suárez]]. Logo foi enviado como profesor a [[Palermo]], en [[Sicilia]], e despois a [[París]], onde recibiu o grao de douctor e permaneceu cinco anos ensinando teoloxía sobre todo na Saint Barthélemy. Máis tarde estivo un tempo en [[Flandres]].
[[Ficheiro:juandemariana.jpg|thumb|250px|Monumento a Xoán de Mariana, na praza homónima en Talavera de la Reina.]]

Tras caer enfermo a regresou a [[Toledo]] en [[1574]] onde, semirretirado, consagrouse á redacción dos seus libros. En 1578 recibiu a encarga de informar sobre a presunta heterodoxia da ''[[Biblia|Biblia políglota]]'', cuxa edición dirixía en [[Antuerpen]] [[Benito Arias Montano]], en particular na versión siríaca do [[Novo Testamento]]; o seu informe, que lle levou dous anos de estudo, foi favorábel. Isto valeulle tal reputación que, desde entón, se lle encomendaron outros traballos parecidos e igual de delicados, como a supervisión do ''Manual para a administración dos sacramentos'', a reelaboración das ''Actas'' dos Concilios diocesanos de Toledo de 1582 e a redacción do ''Índice expurgatorio'' de 1584.

Mentres realizaba estas encargas e unha edición das ''Obras'' do polígrafo visigodo [[Isidoro de Sevilla]], púxose a redactar unha monumental ''Historia de España'' en trinta libros, que comezou a aparecer en Toledo en 1592 co título de ''Historiae de rebus Hispaniae Libri XXX'', cuxa edición ampliada se editou en [[Maguncia]] en 1605. No entanto imprimiuse en Toledo a súa propia tradución ao castelán co título ''Historia general de España'' (1601). A obra abarca até a morte de [[Fernando o Católico]] porque, segundo as súas palabras, {{cita|''"no me atreví a pasar más adelante y relatar las cosas más modernas, por no lastimar a algunos si decía la verdad, ni faltar al deber si la disimulaba"''.}}

A morte sorprendeuno cando traballaba nuns ''Escolios ao Antigo e Novo Testamento'', obra de exéxesis bíblica que se fundaba no texto da ''[[Vulgata]]''.

== Obra ==
[[Ficheiro:Juan de Mariana.JPG|thumb|O padre Xoán de Mariana.]]

A independencia de xuízo dos seus escritos e o seu hipercriticismo ocasionáronlle graves disgustos co poderes civil e eclesiástico, aínda que só foi molestado en dúas ocasions.

En primeiro lugar foi pola súa ''De rege et regis institutione'' (Toledo, 1599), solemnemente queimado en [[1610]], por subversivo, polo parlamento de París tras o asasinato de [[Henrique IV de Francia]] e que escribiu a petición do preceptor de [[Filipe III de España]], García Loaysa y Girón; segundo os seus acusadores, esta obra daba lexitimidade ao [[tiranicidio]], porque a súa doutrina foi relacionada co anterior asasinato de [[Henrique III de Francia]] por [[Jacques Clément|frei Xacobe Clemente]] en 1589, aínda que Ravaillac, o asasino do rei francés Henrique IV declarou que non coñecía o libro.

Este tratado, escrito co fin de contravir o [[naturalismo político]] de [[Maquiavelo]], como fixera catro anos antes [[Pedro de Rivadeneyra]] no seu ''Princeps christianus adversus Nicholaus Machiavelum'' (1595), expón en primeiro lugar como ten que ser unha [[monarquía]], e os deberes do rei, que ten que subordinarse como calquera vasalo á lei moral e ao Estado, e despois expón a educación do príncipe cristián seguendo de cerca as teorías de [[Erasmo de Rotterdam]] no su ''Enchiridion''. Propón como máximo valor dun monarca a [[Virtudes cardinais|virtude cardinal]] da prudencia, no seu sentido [[Aristóteles|aristotélico]] e sobre todo debe impedir que os impostos asfixien ás [[produción (economía)|clases produtoras]] do país. Inspirándose en San [[Tomé de Aquino]] xustifica como este a revolución e a execución dun rei polo pobo se é un [[tirano]].

A segunda molestia que sufriu foi cando estivo encarcerado durante un ano e medio en [[Madrid]], en 1607, por orde do mesmo [[Filipe III de España|Filipe III]] e do seu [[valido]] o [[Francisco de Sandoval y Rojas|Duque de Lerma]] a causa do libro ''De monetae mutatione'', cuarto dos seus ''Tractatus septem'' (Colonia, 1609), que foi denunciado polas alusións aos ministros que modificaran o peso da moneda.

O contido deste libro es el siguiente:
I. ''De adventu Jacobi apostoli in Hispania'' (Da vinda do apóstolo Santiago a España).
II. ''Pro editione Vulgatae'' (Sobre a edición da Vulgata).
III. ''De spectaculis'' (Sobre os espectáculos).
IV. ''De monetae mutatione'' (Acerca da alteración da moeda).
V. ''De die mortis Christi'' (O día da morte de Cristo).
VI. ''De annis arabum'' (Sobre os anos dos árabes).
VII. ''De morte et inmortalitate'' (Da morte e a inmortalidade).

Como pode verse, fóra da historia, os seus intereses ían desde a cronoloxía á filoloxía, a economía ou a moral.

Menor importancia tiveron as friccións coa súa orde. Así, o seu ''Discurso de las cosas de la Compañía'' supúxolle a animadversión das xerarquías desta.

Home moi ocupado, fixo unha edición de san [[Isidoro de Sevilla]], e traballou ademis en obras de filoloxía oriental e como predicador, censor de exexeses, colaborador do ''[[Index Librorum Prohibitorum|Índice]]'' e consultor da [[Inquisición]].

A súa obra principal son as ''Historiae de rebus Hispaniae libri XX'' (Toleti, typis P. Roderici, 1592). Unha edición posterior máis avanzada do propio recompilador é ''De rebus Hispaniae libri XXX'', que se publicou en Maguncia en 1605. Durante este tempo o autor vertera a edición latina ao castelán, e esta apareceu completa en Toledo en 1601, contendo os trinta libros da edición latina. A obra esténdese desde a máis remota antigüidade até a época dos [[Reis Católicos]].

Xoán de Mariana foi un historiador obsesionado coa verdade e que apurou a crítica dos cronicóns anteriores até onde era posíbel no seu tempo. Aínda que escribe no latín moderno internacional da época, a raíz do seu pensamento é ''patriótica'', pois pretende expoñer a grandeza do seu país narrando conxuntamente os feitos de todos os reinos hispánicos, pero en torno á súa nación, [[Castela - Castilla|Castela]].

A obra estableceu o modelo de prosa historiográfica (''española'') para os séculos seguintes, subraiando vigorosamente todo o que pode cautivar e atraer a atención do lector; coida especialmente as descricións dos lugares onde acaecen os feitos e o patetismo nas arengas e epístolas, así como as consideracións sobre as veleidades da fortuna, tomando por modelos a [[Tito Livio]], [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Tucídides]]. En España foi unha obra moitas veces reimpresa e durante cerca de dous séculos foi a obra histórica máis lida na Península. No resto de Europa a obra foi lida sobre todo en [[Alemaña]] e bastante menos noutros países. Foi traducida ao inglés en 1699 por [[John Stevens]].

Ademais das obras mencionadas, da súa correspondencia e das súas notas á edición das obras de san [[Isidoro de Sevilla|Isidoro]] e dos seus informes como consultor do [[Santo Oficio]], consérvanse dez tomos de manuscritos. Nas súas ''Scholia in Vetus ac Novum Testamentum'' (Antuerpen e París, 1620) están as súas versificacións en dísticos latinos de varios libros sagrados: ''[[Proverbios]]'', ''[[Eclesiastés]]'' e ''[[Cantar dos cantares]]''.

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===

* Cirot, Georges (1905): ''Etudes sur l'Historiographie Espagnole. Mariana historien.'' Bordeaux: G. Gonnonilhou.
* Braun, Harald E. (2007): ''Juan de Mariana and Early Modern Spanish Political Thought.'' Farnham, Surrey (UK): Ashgate Publishing . ISBN 978-0-7546-3962-6.
* Guy, Alain (1985): ''Historia de la Filosofía Española''. Barcelona: Anthropos. ISBN 84-85887-87-5.
* Zanotto, Paolo (2004): [http://www.univ.trieste.it/~etica/2003_2/zanotto.pdf ''Liberalismo e tradizione cattolica. Osservazioni critiche su Juan de Mariana (1535-1624)]'' Roma-Grand Rapids (USA)-Soveria Mannelli (CZ), Acton Institute-Rubbettino Editore (Quaderni dell'Istituto Acton, nº 16).

=== Outros artigos ===
* [[Instituto Juan de Mariana]]

=== Ligazóns externas ===
{{commonscat}}

* [http://books.google.es/books?as_brr=3&q=Mariana+%22Historia+general+de+Espa%C3%B1a%22&btnG=Buscar+libros Google Books: numerosos tomos completos da ''Historia General de España'' e as súas adicións e continuacións posteriores]
* [http://scholasticon.ish-lyon.cnrs.fr/Database/Scholastiques_fr.php?ID=869 Scholasticon. Entrada ''Juan de Mariana''] {{fr}} Consultada o 30/4/2012.
* [[s:es:Juan de Mariana (Retrato)|Retrato de {{PAGENAME}}]] cun epítome sobre a súa vida incluído no libro [[s:es:Retratos de Españoles ilustres|Retratos de Españoles ilustres]], publicado o ano 1791. {{es}}
* [http://www.juandemariana.org/pagina/5/juan/mariana/ Instituto "Juan de Mariana". Pequena biografía de Juan de Mariana]. {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://enciclopediacatolica.com/j/juanmariana.htm Artigo da Enciclopedia Católica sobre Juan de Mariana] {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://www.eumed.net/cursecon/economistas/mariana.htm Grandes economistas: Juan de Mariana] {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://www.hacer.org/pdf/Beltran00.pdf Instituto Acton Argentina. El padre Juan de Mariana, por Lucas Beltrán] (Estudo introdutorio ao ''Tratado y discurso de la moneda de vellón'' del P. Juan de Mariana. Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1987. Publicado orixinalmente en ''La Ilustración Liberal'', nº 11, xuño 2002. {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_nuevosestudios/cap11.pdf Juan de Mariana y los escolásticos españoles], por Jesús Huerta de Soto. Versión española do artigo "Juan de Mariana and the Spanish Scholastics", publicado como capítulo I do libro ''Fifteen Great Austrian Economists'', Randall G. Holcombe (ed.), Ludwig von Mises Institute, Auburn, Alabama, 1999, pp. 1-11. {{es}} Consultada o 30/4/2012.

[[Categoría:Personalidades de España]]
[[Categoría:Índice]]
[[Categoría:Xesuítas]]

[[ca:Juan de Mariana]]
[[de:Juan de Mariana]]
[[en:Juan de Mariana]]
[[es:Juan de Mariana]]
[[fr:Juan de Mariana]]
[[he:חואן דה מריאנה]]
[[pt:Juan de Mariana]]
[[sv:Juan de Mariana]]