Hernando de Soto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Regreso a España: Castela - Castilla
Liña 17:
 
===Regreso a España===
Volveu a España en [[1536]], levando con el aproximadamente 100.000 [[Peso (moeda)|Pesos]] de ouro - o seu parte da conquista do Imperio Inca. Neste tempo, De Soto era famoso por ser o heroe da [[Batalla de Cuzco]]. Foi a [[Sevilla]], onde casou, en [[1537]], con Inés de Bobadilla, a filla de Dávila, que pertencía a unha das familias máis respectables de [[Castela - Castilla|Castela]], con influencia na corte española, baixo [[Carlos I de España|Carlos I]]. Este período era o ápice da reputación e da abundancia de Soto.
 
De Soto, vendo os lendarios recursos en Perú e lido un informe escrito por [[Álvar Núñez Cabeza de Vaca]], sospeitou dunha riqueza similar en [[Florida]]. Cabeza de Vaca era un de catro sobrevivintes da desastrosa tentativa de [[Pánfilo de Narváez]] para conquistar Florida. De Soto viu a súa ocasión para realizar unha conquista famosa como as de Pizarro e as [[Hernán Cortés|Cortés]]. Foi nomeado [[gobernador]] de [[Cuba]] por Carlos I. De Soto vendeu gran parte dos seus bens e equipouse para a expedición naquelas terras inexploradas. A súa misión era conquistar, situarse, e "pacificar" os territorios descoñecidos.