Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

m
→‎Gran Guerra Irmandiña: Castela - Castilla
m (→‎Irmandade Fusquenlla: Castela - Castilla)
m (→‎Gran Guerra Irmandiña: Castela - Castilla)
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o mellor estudoso do período Carlos Barros chama "mentalidade xusticeira e antiseñorial" da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como uns “malfeitores”.
 
Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]]s e [[mosteiro]]s. Os irmandiños destruíron arredor de 130 [[castelo (fortificación)|castelos]] e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña. As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. Os irmandiños, por contra, non atacaron os eclesiásticos. Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara [[Portugal]] ou [[Castela - Castilla|Castela]].
 
[[Ficheiro:Hakenbuechse.png|thumbnail|350px|left|Os soldados de Pedro Álvarez usaban [[arcabuz|arcabuces]] na [[Segunda Guerra irmandiña]]. O da imaxe é de [[1425]]]]
107.056

edicións