Isoglosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m linguas románicas
m Castela - Castilla
Liña 5:
[[Ficheiro:Isoglosa.JPG|right|thumb|150px|Rexións lingüísticas do noroeste peninsular.]]
Os problemas na definición de [[lingua]] proceden dunha súa característica: a continuidade. En [[lingüística]] fálase de ''continuum lingüístico'' na [[linguas románicas|Romania]] (onde se falan [[linguas románicas]] ou neolatinas), debido a que existen [[trazo]]s (chamados [[variante]]s) que xeograficamente se perden nun límite e outros que se perden noutro. A estas fronteiras distribucionais ou isoglosas poden agruparse (e polo tanto se chamarán '''substitutivas''' ou '''consecutivas''') ou aparecer illadas (e se chaman '''constitutivas''', difusas ou graduais):
* a caída do ''f-'' inicial latino, a ditongación do ''e'' breve latino e a existencia da realización [[fricativa palatal xorda]] como fonema (que nós escribimos "x") aparecen xuntas de norte a sur en [[Castela - Castilla|Castela]] moi preto das fronteiras con [[Galicia]] e [[Portugal]] (vermello fronte ó resto no mapa);
* pero a isoglosa da existencia da [[gheada]] é interna de [[Galicia]] (en diagonal) excluíndo (horizontal) a [[Portugal]], ademais de propia do [[lingua castelá|castelán]] (verde escuro e vermello fronte ó resto);
* mentres que a isoglosa do [[seseo]] (existencia dunha realización [[fricativa interdental xorda]] como fonema, o "z") é interna dentro de [[Galicia]] (en diagonal) incluíndo a [[Portugal]] (verde escuro e marrón fronte ó resto);
* así como hai isoglosas entre [[Portugal]] e toda [[Galicia]] e [[Castela - Castilla|Castela]] (o verde escuro fronte a marrón e mais azul: existencia de sibilante sonora, o "z" [[Lingua portuguesa|portugués]], ou da [[fricativa palatal sonora]], o "j" [[Lingua portuguesa|portugués]]);
* ou tamén isoglosas dentro de [[Portugal]] incluíndo [[Galicia]] (entre o marrón e o azul: existencia do fonema con articulación [[africada palatal xorda]], o "ch", ou a [[ditonto|ditongación]] de "ferreiro").