Anders Jonas Ångström: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lb:Anders Jonas Ångström
→‎Actividades: Espectro electromagnético
Liña 8:
 
=== Actividades ===
O seu traballo máis importante ten relación coa condución da [[calor]] e coa [[espectroscopia]]. No seu traballo sobre óptica ''Optiska Undersökningar'', presentado diante a [[Real Academia das Ciencias de Suecia]] en 1853, non só indicou que unha faísca eléctrica produce dous [[Espectro electromagnético|espectro]]s superpostos, un do metal do [[eléctrodo]] e outro polo [[gas]] no que ocorre, senón que deduciu a partir da teoría da [[resonancia]] de [[Leonhard Euler]] que un gas incandescente emite raios luminosos coa mesma capacidade refracción que os que pode absorber. Esta afirmación constitúe o principio fundamental da análise espectral, o que o coloca como un dos fundadores da espectroscopia.
 
A partir de [[1861]] dedicouse a investigar o [[espectro solar]]. A súa combinación do [[espectroscopio]] coa [[fotografía]] para o estudo do [[sistema solar]] resultou no descubrimento de que a [[atmosfera]] solar contiña [[hidróxeno]] (1862), e en [[1868]] publicou o seu gran mapa do [[espectro solar]] normal en ''Recherches sur le spectre solaire'', incluíndo medicións detalladas de máis de 1000 liñas espectrais.