Gripe de 1918: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Ignórase onde apareceu o [[virus]], pero as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois, polo que tamén se coñece como '''gripe española'''. A razón é que España non participaba na guerra e, polo tanto, non existía [[censura]] previa. De certo, entón descoñecíase que a gripe puidese ser provocada por un virus.
 
Con efecto, na primavera e comezos do verán de [[1918]], a enfermidade estendeuse por ambos os dous lados dos frentes europeos, afectando a [[exercitoexército|división]]s enteiras. Declinou unhas semanas e logo, a finais do verán, rexurdiu moi violentamente. Os doentes sentían [[febre]], [[dor de cabeza]] e dores nas [[articulación (anatomía)|articulación]]s. Curiosamente, moitos eran novos, a quen a gripe apenas afecta. Un 5% das vítimas morreron, algunhas en só dous ou tres días. Os seus [[pulmón]]s revelábanse nas [[autopsia]]s completamente anegados de [[sangue]]; os rostros dos mortos tornábanse de cor violeta.
 
A [[epidemia]] afectou aos campamentos militares de Europa e os [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e pasou logo ás cidades portuarias e industriais, matando a miles de persoas cada día e estendéndose finalmente por todo o planeta. Estímase que todos os seres humanos respiraron o virus e que a metade enfermaron.