Televisión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-influínte +influente, -influíntes +influentes)
Liña 5:
== Historia ==
[[Ficheiro:1950's television.jpg|thumb|left|Televisión dos anos 50.]]
[[Boris Rosing]] patentou en 1907 patentou un sistema de televisión que utilizaba como receptor un moi primitivo tubo de raios católicoscatódicos, un dos seus alumnos, [[Vladimir Zworykin]] solicitou a patentoupatente en 1923 dun sistema de televisión utilizando tanto como transmisor como receptor tubos de raios catódicos pero os seus experimentos prácticos non deron resultado<ref> Paul Schatzkin "The Boy Who Invented Television", pp. 111-8.</ref>. O primeiro sistema semimecánico de [[televisión analóxica]] demostrouse en febreiro de [[1924]] en [[Londres]] por [[John Logie Baird]] cunha imaxe do deseño animado ''[[Felix the Cat]]'' e, posteriormente, imaxes en movemento en [[30 de outubro]] de [[1925]], realizando a primeira demostración pública o [[26 de xaneiro]] de 1926. O primeiro servizo regular de televisión, en analóxico, foi a [[W2XB]], popularmente coñecida como WGY en [[Schenectady]], [[Nova York]], inaugurado en [[11 de maio]] de [[1928]].
 
Os primeiros aparellos de televisión eran radios cun dispositivo que consistía nun tubo de [[neon]] cun disco xiratorio mecánico ([[disco de Nipkow]]) que producía unha imaxe vermella do tamaño dun selo postal. Entre 1928 e 1929 [[Philo Farnsworth]] e Zworykin presentaron receptores electrónicos semellantes e envolvéronse nunha lea xudicial durante varios anos. En [[1931]] Zworykin elaborou o primeiro [[iconoscopio]] funcional <ref>[http://books.google.com/books?id=z1Khj2gYS-QC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Dicky Howett ''Television Innovations: 50 Technological Developments'', p. 15]</ref>. O primeiro servizo de alta definición apareceu na [[Alemaña]] en marzo de [[1935]], mais estaba dispoñíbel apenas en 22 salas públicas. Unha das primeiras grandes transmisións foi a dos [[Xogos Olímpicos de 1936]], en [[Berlín]]. O uso da televisión aumentou nos Estados Unidos enormemente despois da [[Segunda Guerra Mundial]] debido aos avances tecnolóxicos xurdidos coa guerra e á renda adicional dispoñíbel (aparellos de TV nos [[década de 1930|anos 30]] custaban o equivalente a US$ 7000 actuais ([[2001]]) e había pouca programación dispoñíbel), e si en 1950 había 100.000 televisores un ano despois o seu número aumentou ao millón, chegando en 1959 ao 88% dos fogares<ref>[http://books.google.com/books?id=zuDCW_qHvpIC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false Susan B. Neuman ''Literacy in the television age: the myth of the TV effect'', p. 1]</ref>, e xa para 1960 nese país a televisión desprazou ao [[cine]] como principal medio de entretemento<ref>Jeremy G. Butler "Television: critical methods and applications", páxina 12</ref>, ao tempo que os principais estudios comezaban a distribuír os seus arquivos cinematrográficos na televisión<ref>Derek Kompare ''Rerun nation: how repeats invented American television'', p.45</ref>. No Reino Unido a Coroación da raíña [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] en [[1953]] significou o comezo do desprazamento da radio pola televisión<ref>[http://books.google.es/books?id=eeUq5auhzW0C&printsec=frontcover#v Bob Mullan ''Consuming television: television and its audience'', p.5]</ref>. En moitos países a televisión foi unha prerrogativa exclusiva do Estado que constituía un servizo público<ref>[http://books.google.es/books?id=5-DyMogAuiIC&printsec=frontcover&hl=en#v=onepage&q&f=false Jan Wieten, Graham Murdock, Peter Dahlgren ''Television across Europe'', p. 8]</ref>, en especial en Europa, pero sobre todo a partir das décadas de 1980 e 1990<ref>[http://books.google.com/books?id=lmGCtcLumEEC&printsec=frontcover Barbara J. Selznick ''Global television: co-producing culture'', p.3 ]</ref> comezou a permitirse en case todos os países a creación de cadeas privadas ou mesmo privatizáronse canles públicas, porén aínda quedan uns poucos réximes onde aínda a televisión queda totalmente baixo o control do Estado<ref>Robert Clyde Allen, Annette Hill "The Television Studies Reader, p. 2</ref>. A televisión mudou a forma de concibir o mundo, mudou a forma de facer política e das campañas electorais <ref>Gary Donaldson ''The first modern campaign: Kennedy, Nixon, and the election of 1960'', p. 46</ref>, a transformación da [[Guerra de Vietnam]] en guerra televisada fixo modificar a percepción da propia guerra polo público estadounidense<ref>Bruce Cumings ''War and television'', p. 1</ref>, converténdose no medio máis influente.