108.419
edicións
m (r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Skrimslis) |
m (articulación (anatomía)) |
||
[[Ficheiro:Cartilage-es.svg|thumb|300px|Localización do tecido cartilaxinoso no corpo humano]]
O '''tecido cartilaxinoso''' é unha variante especializada do [[tecido conxuntivo]], caracterizado por posuír unha matriz intercelular sólida elástica, constituída por fibras de [[coláxeno]], grazas ás que adquire certa rixidez. Non está [[vaso sanguíneo|vascularizado]] nin posúe [[nervio|inervación]]. Nos [[mamífero]]s constitúe a maior parte do [[esqueleto]] [[feto|fetal]] e, no estado adulto, permanece en certos órganos e nas superficies [[articulación (anatomía)|articulares]]. As pezas constituídas por tecido cartilaxinoso denomínanse '''cartilaxes'''.
O elemento ''condr-'', de orixe [[lingua grega|grega]], ''chóndros'', forma parte de termos técnicos relativos ás cartilaxes (''condrite'', inflamación; ''condroma'', tumor; ''condrectormía'', extirpación). Por veces adopta a forma ''condro-'' (''condrodistrofia'', raquitismo fetal; ''condromalacía'', rebrandecemento patolóxico).
|
edicións