Campo Grande, Mato Groso do Sur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O concello: Estado de San Paulo
m →‎A capitalidade: arranxiño
Liña 54:
 
===A capitalidade===
En [[1932]], co motivo da [[Revolución Constitucionalista]], a cidade aliñouse coas posicións que triunfaban en San Paulo e autoconstituíuse como estado, con [[Vespasiano Martins]] como gobernador. A sede do goberno situouse no predio da Maçonaria. Mentres, a capital oficial do estado, [[Cuiabá]], continuaba do lado legalista, co que na práctica se crearon dous estados, o de Mato Grosso e o de [[Maracaju]], do que era capital Campo Grande, entre o [[11 de julhoxullo]] e outubro de [[1932]]. Coa vitoria legalista, desaparece o efémero de Maracaju, e a capital de Mato Grosso segue sendo Cuiabá.
 
Nos anos sesenta, ábrense en Campo Grande as primeiras facultades, que logo acabarían conformando a [[Universidade Católica Dom Bosco]], ademais dun campus da [[Universidade Estatal de Mato Grosso]]. O [[11 de outubro]] de [[1977]], críase un novo estado, o do [[Mato Grosso do Sul]], con capital en Campo Grande.