Diferenzas entre revisións de «Froila I»

m (r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Fruela I od Asturije)
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.
 
Froila fundou diversos mosteiros da [[Orde de San Bieito]], entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de [[Oviedo]]; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de [[San Millán da Cogolla]] recolle a constitución, outorgada por Froila o [[24 de abril]] de [[759]], dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en [[San Miguel de Pedroso]] ([[Burgos]]), na fronteira esteleste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a [[Serra da Demanda]].
 
Vendo que o seu irmán [[Vimarano]] gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo<ref name="Carreira Cal"></ref>. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán [[Aurelio]]<ref name="López Teixeira"></ref>, fillo de [[Froila Pérez]].<ref name="Nogueira">Nogueira, C. (2001): ''A Memoria da nación: o reino da Gallaecia''. Xerais, Vigo.</ref>
Usuario anónimo