Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

En ''D. melanogaster'' o patrón de bandas non se distingue naquelas rexións heterocromáticas presentes na rexión centromérica de todos os seus cromosomas (n=4). As rexións heterocromáticas están asociadas formando un ''cromocentro''. Como dous membros do complemento haploide desta especie son metacéntricos (os cromosomas II e III) e dous son acrocéntricos (cromosoma sexual X ou Y e o cromosma IV), os cromosomas politénicos nesta especie aparecen como cinco brazos desiguais que irradian do cromocentro: un brazo correspondente ao cromosoma X, os dous brazos do cromosoma II e os dous brazos do cromosoma III (3L e 3R). Nalgúns casos pódese visualizar un sexto brazo moi pequeno que representa o cromosoma IV. <ref name=Panzera>Panzera, F., Ruben Pérez y Yanina Panzera. [http://www.fcv.unlp.edu.ar/sitios-catedras/87/material/Bandeos%20Cromosomicos.pdf Identificación cromosómica, cariotipo]. Facultad de Ciencias Veterinarias, Universidad Nacional de La Plata.</ref>
 
Os cromosomas politénicos poden presentar unhas expanxións ou inchamentos chamados '''puffs cromosómicos''' (''chromosome puffs''), que son rexións desespiralizadas difusas, que podense presentarcorresponden os cromosomas politénicos, e que soncon sitios de [[transcrición (xenética)|transcrición]] do [[ARN]]. Denomínase '''anel de Balbiani''' a un destes puffs de gran tamaño.
 
==Descubrimento e distribución==
185.854

edicións