Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

 
==Descubrimento e distribución==
Os cromosomas politénicos foron observados orixinalmente nas células das glándulas salivares de larvas dos mosquitos ''[[Chironomidae|Chironomus]]'' por Balbiani en 1881,<ref>{{cite journal | author=Balbiani EG | title=Sur la structure du noyau des cellules salivaires chez les larves de ''[[Chironomus]]''| journal=Zool. Anz. | year=1881 | pages=637–641 | volume=4}}</ref> pero a natureza hereditaria destas estruturas non foi confirmada ata que foron estudadas en ''[[Drosophila|Drosophila melanogaster]]'' a principios da década de 1930 por [[Emil Heitz]] e Hans Bauer. Sábese que aparecen nos tecidos secretores doutros dípteros, como nos [[tubo de Malpighio|tubos de Malpighio]] do xénero ''[[Sciara]]'' e tamén noutros insectos e nalgúns [[protista]]s, [[planta]]s, e [[mamífero]]s. Algúns dos cromosomas politénicos máis longos descritos atopáronse nas glándulas salivares das larvas dido quironómido ''[[Axarus]]''.
 
Os cromosomas politénicos utilízanse para identificar especies de quironómidos que son moi difíciles de identificar doutro modo en fase larvaria. Cada grupo distinto morfoloxicamente de larvas consta de certo número de especies morfoloxicamente idénticas que só se poden distinguir deixandoos crecer ata que formen machos adultos ou por análises citoxenéticas dos cromosomas politénicos larvarios. Os seus [[cariotipo]]s utilízanse para confirmar a presenza de especies determinadas e no estudo da diversidade xenética das especies. <ref>>{{cite journal | author=Int Panis L, Kiknadze I, Bervoets L, Aimanova A| title=Karyological identification of some species of the genus Chironomus Meigen, 1803 from Belgium| journal=Bull. Annls Soc. R. Belge Ent. | year=1994 | pages=135–142 | volume=130}}</ref><ref>>{{cite journal | author=Кикнадзе ИИ, Михайлова П, Истомина АГ, Голыгина ВВ, Инт Панис Л, Крастанов Б| title=Хромосомный полиморфизм и дивергенция популяций у Chironomus nuditarsis Keyl (Diptera, Chironomidae)| journal=Tsitologia | year=2006 | pages=595–609 | volume=48}}</ref>
185.792

edicións