Cromosoma politénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{entradución}} thumb|Cromosomas politénicos de ''[[Drosophila melanogaster''. Imaxe obtida por contraste de fase. O ''cromoce..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de abril de 2012 ás 17:27

Os cromosomas politénicos son cromosomas que sufriron repetidas duplicacións sen separarse e están formados por centos ou miles de febras, propios de certos tecidos dos insectos dípteros. As células das glándulas salivares dos insectos da orde dos Dípteros presentan núcleos que están nunha interfase permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a división celular detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos tubos de Malpighi, nas células nutricias dos ovarios, no epitelio intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como endomitose. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Durante este proceso de politenización ou politenia, os cromosomas incrementan a súa lonxitude e o seu diámetro. De feito, a lonxitude dos cromosomas de Drosophila nunha metafase é da orde de 7,5μ entanto que o longo total dos cromosomas nun núcleo de célula das glándulas salivares é de arredor de 2.000μ. [1][2]

Cromosomas politénicos de Drosophila melanogaster. Imaxe obtida por contraste de fase. O cromocentro está no ángulo superior dereito. A frecha sinala o extremo do cromosoma X. A imaxe ampliada (B) mostra as bandas e as interbandas con maior detalle.

Ademais do cambio no tamaño, os cromosomas politénicos presentan outras dúas características. En primeiro lugar, os cromosomas homólogos están asociados entre si en toda a súa estensión. Esta condición, denominada apareamento somático é propia da mitose da maioría dos dípteros. [3] A outra característica peculiar é que os cromosomas mostran un patrón particular de bandeado transversal que consiste en zonas máis escuras, chamadas bandas, que alternan con zonas claras, chamadas interbandas. Cando se observan ao microscopio óptico identifícanse como bandas escuras e claras transversais alternantes.[4] Aínda que a maioría das bandas son continuas a través do cromosoma, outras aparecen como unha serie de puntos. Este bandeado é reproducible de núcleo a núcleo, formando un patrón constante de tal maneira que os cromosomas poden ser identificados e mapeados en toda a súa lonxitude. Hai aproximadamente 5000 bandas e 5000 interbandas en total no xenoma da mosca Drosophila melanogaster. Debido a que o patrón de bandeo que presentan os cromosomas politénicos é un reflexo constante das secuencias de ADN, as bandas serven como marcadores para localizar varias características xenéticas (lugar dos xenes, ou cambios no xenoma debido a reordenamentos cromosómicos, por exemplo delecións, duplicacións de bandas e translocacións)[5][6] e utilizáronse en diversos estudos xenéticos e evolutivos.[7][8][9][10][11]

En D. melanogaster el patrón de bandeo no se distingue en aquellas regiones heterocromáticas presentes en región centromérica de todos sus cromosomas (n=4). Las regiones heterocromáticas están asociadas formando un cromocentro. Ya que dos miembros del complemento haploide de esta especie son metacéntricos (los cromosomas II y III) y dos son acrocéntricos (cromosoma sexual X o Y y el cromosma IV), los cromosomas politénicos en esta especie aparecen como cinco brazos desiguales que irradian del cromocentro: un brazo correspondiente al cromosoma X, los dos brazos del cromosoma II y los dos brazos del cromosoma III (3L y 3R). En algunos casos se puede visualizar un sexto brazo muy pequeño que representa el cromosoma IV.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Panzera, F., Ruben Pérez y Yanina Panzera. Identificación cromosómica, cariotipo. Facultad de Ciencias Veterinarias, Universidad Nacional de La Plata.
  2. Ashburner, M. (1970). "Function and structure of polytene chromosomes during insect development". Adv Insect Physiol 7 (1): 3S4. 
  3. Rudkin, G.T. (1972). "Replication in polytene chromosomes". Results Probl Cell Differ 4: 59–85. 
  4. G. (1974). "The Relationship Between Genes and Polytene Chromosome Bands". Annual Reviews in Genetics 8 (1): 51–62. doi:10.1146/annurev.ge.08.120174.000411. 
  5. Lewis, E.B. (1954). "The Theory and Application of a New Method of Detecting Chromosomal Rearrangements in Drosophila". The American Naturalist 88 (841): 225. doi:10.1086/281833. 
  6. C.A. (1971). "The Genetic Organization of Chromosomes". Annual Reviews in Genetics 5 (1): 237–256. doi:10.1146/annurev.ge.05.120171.001321. 
  7. Gunderina, L.I.; Kiknadze, I.I.; Istomina, A.G.; Gusev, V.D.; Miroshnichenko, L.A. (2005). "Divergence of the polytene chromosome banding sequences as a reflection of evolutionary" (PDF). Russian Journal of Genetics 41 (2): 130–137. doi:10.1007/s11177-005-0036-6. 
  8. Gunderina, L. I. (2005) Divergence patterns of banding sequences in different polytene chromosome arms reflect relatively independent evolution of different genome components. Russian Journal of Genetics 41(4)
  9. Coluzzi, Mario; Sabatini, Adriana; Della Torre, Alessandra; Di Deco, Maria Angela; Petrarca, Vincenzo (2002). "A Polytene Chromosome Analysis of the Anopheles gambiae Species Complex". Science 298 (5597): 1415–1418. PMID 12364623. doi:10.1126/science.1077769. 
  10. Moltó, M.D.; Frutos, R.; Martinez-Sebastián, M.J. (1987). "The banding pattern of polytene chromosomes of Drosophila guanche compared with that of D." (PDF). Genetica 75 (1): 55–70. doi:10.1007/BF00056033. 
  11. Zhao, J.T.; Frommer, M.; Sved, J.A.; Zacharopoulou, A. (1998). "Mitotic and polytene chromosome analyses in the Queensland fruit fly, Bactrocera tryoni (Diptera: Tephritidae)". GENOME 41: 510–526. doi:10.1139/gen-41-4-510.