Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''Bravú''' é un movemento musical que agroma en [[Galicia]] a principios dos noventa. Nesta década xorden numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos, que comparten tanto a fachenda pola súa cúltura como a admiración por [[Manu Chao]] ou [[Fermin Muguruza]]. Coa axuda de experimentos anteriores coma Os Resentidos, Fuxan os Ventos, Pogues, Clash, Mano Negra ou Negu Gorriak as novas xeracións de roqueiros galegos ademáis de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexocomplexos como utilizar o galego para o rock. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio-político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os probleams cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques (p.e: a canción "Tratorada" de "Rastreros" converteuse en exitosa crónica músical das loitas labregas).
 
Liderados por artistas como [[Xurxo Souto]] ou [[Antón Reixa]], agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Javier Valiño no libro "A paixón que queima o peito". En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas».