Diferenzas entre revisións de «Anábase»

sen resumo de edición
A '''''Anábase''''' ou '''''[[Expedición dos Dez Mil]]''''' (tamén '''''A retirada dos Dez Mil''''' e '''''A marcha dos Dez Mil''''') (en [[grego clásico]] Ἀνάβασις significa "expedición para o interior") é un relato do historiador grego [[Xenofonte de Atenas]], un dos discípulos de [[Sócrates]], quen participou no feito real.
 
==Contido==
 
Nela nárranse a expedición militar de [[Ciro o Mozo]] contra o seu irmán o rei de [[Persia]] [[Artaxerxes II]] e o retorno á patria dos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo trala derrota e morte do mesmo Ciro.
 
En [[-401]], tres anos despois de subir ao trono o persa Artaxerxes II, o seu irmán menor Ciro rebelouse na súa [[sátrapa|satrapía]] de [[Asia Menor]]. Para destronar ao seu irmán, recrutou un exército no que incluíu a dez mil mercenarios gregos, que partiu de Sardes, marchou a través de Asia Menor e descendeu custeando o río [[Éufrates]] ata [[Cunaxa]], preto de [[Babilonia]]. Ciro morreu na [[batalla de Cunaxa]], o que produciu a desbandada do seu exército. Os mercenarios gregos, sen embargo, mantivéronse invictos e unidos. Nas negociacións que seguiron, os caudillos gregos foron decapitados, polo que os mercenarios tiveron que elixir outros. Entre estes estaba o propio [[Xenofonte]] de Atenas]], que guiou o retorno do resto do exército a Grecia. Remontaron o río [[Tigris]] e atravesaron [[Armenia]] por unha ruta de case catro mil quilómetros de territorio inimigo, ata chegar á colonia grega de [[Trebisonda|Trapezunte]] (actual Trabzon, Turquía), na beira sur do [[Mar Negro]]. Son famosas as palabras que pronunciou un soldado adiantado á vista deste: θάλαττα, θάλαττα ("Thalatta, Thalatta" - "O mar, o mar").
 
A narración, escrita en terceira persoa, posúe gran interese histórico, pero ademais ten un estilo ameno, non exento de gran emotividade nalgunhas pasaxes. Pola sinxeleza do seu estilo, a miúdo é usada na educación secundaria como texto de iniciación á tradución do [[grego clásico]].
 
==Adaptacións==
 
A historia de Xenofonte inspirou a [[Sol Yurick]] para o seu libro ''The Warriors'', fonte na que se baseou pola súa vez a película de [[Walter Hill]] ''[[The Warriors: Os amos da noite]]'', e que posteriormente tivo secuelas en forma de videoxogos.
 
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
 
*[[Xenofonte]].
 
==Ligazóns externas==
 
*[http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Perseus%3Atext%3A1999.01.0201 Texto en grego do proxecto Perseus]
 
179.236

edicións