Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
As causas dos incendios forestais son moi diversas, e varían dunha rexión a outra do planeta. Se ben hai zonas onde os incendios forestais debidos á acción da natureza, fundamentalmente as [[treboada]]s e os seus alustros, son os máis frecuentes, noutras, como en [[Galiza]], a causa predominante é a acción intencionada do home.
* Causas naturais: o [[[[relampo|alustro]]]]. Nas áreas mediterráneas estímase que as treboadas poden producir ata un 2% dos incendios forestais. Porén, en [[Quebec]] esta cantidade calcúlase sobre o 30% dos lumes e afecta grandes superficies.
* Causas humanas involuntarias: queima imprudente de ramallada, lumes de lecer e barbacoas, liñas eléctricas, cabichas ao pé das estradas, faíscas desprendidas por maquinaria (fundamentalmente trens), queima incontrolada de lixo etc.
* Causas humanas intencionadas: queima de terreos para o seu aproveitamento para o cultivo ou para a expulsión dos habitantes dos bosques, vinganzas, incendios con fins políticos ou económicos diversos e, tamén, enfermidades mentais (os [[pirómanos]]); actualmente prefírese utilizar o termo "incendiarios" para quen inician lumes cun fin determinado e deixar o de "pirómanos" para quen padece esta enfermidade. Nos incendios que se producen durante os veráns en Galiza estas causas humanas intencionadas poden acadar entre o 80% e o 90% dos lumes.