Civilización maia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.91.85.152 (conversa); cambiado á última versión feita por Reder
Liña 5:
 
== Orixe ==
Evidencias [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]] mostran que os maias comezaron a edificar a súa [[arquitectura]] cerimonial hai uns 3000 anos. Entre os estudiosos hai certo desacordo entre os límites e diferenzas entre a civilización maia e a cultura meso-americana preclásica veciña dos [[Olmeca]]s. Os olmecas e os maias antigos, parecen terse influenciado mutuamente.
Indixenas de eces
 
Os monumentos máis antigos consisten en simples montículos onde construíran tumbas funerarias, precursoras das [[ pirámide (construción) |pirámides]] erixidas máis tarde.
 
Eventualmente, a cultura olmeca teríase esvaecido despois de dispersar a súa influencia na [[península de Iucatán]], na [[Guatemala]] e noutras rexións.
 
Os maias construíron as famosas cidades de [[Tikal]], [[Palenque, Chiapas|Palenque]], [[Copán]], e [[Kalakmul]], tamén [[Dos Pilas]], [[Uaxactún]], [[Altún Ha]], e moitas outras poboacións na área. Desenvolveron un imperio baseado na [[agricultura]] despois dunha longa fase de [[Cidade estado|cidades-estado]] independentes. Os [[monumento]]s máis notábeis son as pirámides que construíron nos seus centros [[Relixión|relixiosos]], xunto aos [[pazo]]s dos seus gobernantes. Outros restos arqueolóxicos moi importantes son as chamadas [[estela (monumento)|estelas]] (os maias chámanlles ''Tetún'', ou “tres pedras”), monolitos de proporcións considerábeis que describen os gobernantes da época; a súa [[xenealoxía]], os seus feitos de [[guerra]] e outros grandes eventos, gravados en caracteres [[xeroglifos|xeroglíficos]].
 
Os maias participaban activamente no [[comercio]] en toda a Meso-América e posibelmente alén. Entre os principais produtos do comercio estaban o [[cacao]], o [[ cloruro de sodio |sal]], e maila [[obsidiana]].
 
== Arte ==