Quireza, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
+ datos desde Tomás Penelas
Liña 14:
 
==Patrimonio==
A igrexa de San Tomé de Quireza rematouse a principios do [[século XIX]], e nela traballou o canteiro [[Tomás Penelas]]. É unha mistura dos estilos Barroco e Neoclásico. Ten planta de cruz latina e bóveda de crucería, e no altar maior hai un retablo barroco feito en madeira policromada con predominio do dourado que data de [[1679]]. A reitoral, situada ao pé da igrexa, é un orixinal exemplo da arquitectura popular, con oito columnas de cantería sostendo unha balconada tamén de pedra. Na explanada da igrexa atópase un cruceiro chamado Cruceiro das Procesións.
 
No lugar dos Castros hai restos dun castro, posiblemente galaico-romano, superficie plana elevada sobre un terraplén que facía de defensa.