Camberra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ie:Canberra
m Sidney - Sydney
Liña 27:
|}
[[Ficheiro:Canberra_parliamentary_axis.JPG|right|300px|thumb|Vista de Canberra desde o Monte Ainslie]]
'''Canberra''' é a capital de [[Australia]], e cunha poboación de 340.800 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do [[Territorio da Capital Australiana]], 280 km (177 mi) ao suroeste de [[Sidney - Sydney|Sidney]], e 650 km (400 mi) ao norleste de [[Melbourne]]. A territorio de Canberra foi elixido como sede da capital do país en [[1908]] tralo acordo entre as cidades de [[Sidney - Sydney|Sidney]] e [[Melbourne]], a dúas cidades maiores de [[Australia]]. Canberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de [[Chicago]], [[Walter Burley Griffin]] quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Canberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola [[I Guerra Mundial|I]] e [[II Guerra Mundial]] e a [[Gran Depresión]], a Canberra emerxeu como unha cidade próspera tralo fin da Segunda Guerra Mundial.
[[Ficheiro:NewParliamentHouseInCanberra.jpg|thumb|right|300px|Parlamento de Australia]]Como sede do goberno de [[Australia]], en Canberra atópanse a [[Parlamento]], o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do [[PIB]] do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Canberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.
[[Ficheiro:Shine dome.jpg|thumb|right|300px|Academia das Ciencias]]Canberra divídese en distritos: