Diferenzas entre revisións de «Paul Wayland Bartlett»

'''Paul Wayland Bartlett''' ([[1865]] — [[1925]]) foi un escultor [[Estados Unidos|norteamericano]].<br>
Naceu en [[New Haven, Connecticut]] fillo dun crítico de arte e tamén escultor neoclásico. Aos quince anos marcha a [[París]] e estuda na ''École des Beaux-Arts'' con [[Emmanuel Frémiet]], e dedícase a facer esculturas de animais co que gaña unha medalla de prata no Salón de París de ''1887'', posteriormente decántase por estatuas ecuestres e por esculturas de figuras históricas<br>
Entre as súas principais obras están ''The Bear Tamer'' no [[Metropolitan Museum of Art]], Nova York; a estatua ecuestre de ''Lafayette'', na Place du Carrousel, París; ''Columbus and Michelangelo'', na Biblioteca do Congreso, [[Washington, DC]]; ''The Ghost Dancer'' na Pennsylvania Academy, [[Filadelfia]].
 
[[Categoría:Personalidades da escultura|Bartlett, Paul Wayland]]
210.534

edicións