1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estados Unidos: Albany, Nova York
m →‎Europa: arranxiño
Liña 26:
 
===Europa===
*Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], fruto da victoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 de xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, asimesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos da a coñecer, pero que non reseña nada do que hai en segredo) e [[Prusia]] é reducida a metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.
 
===Portugal===
*Do outubro o decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en [[Lisboa]], a familia real embarcase rumbo a [[Brasil]]. A política de partición de [[Portugal]], entre [[Francia]] e [[España]], sin que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería [[Xoán VI]]), poidan evita-la; fai que toda a corte se decida trasladarse a [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]. Tras certo tempo en [[Portugal]] e, debido a declaración de independencia de [[España]], o corpo expedicionario inglés de Wellington obligará a [[Jean-Andoche Junot|Junot]] a capitular en [[Sintra]] o [[30 de agosto]] de [[1808]] e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de [[Soult]] no [[1809]] e de [[Masséna]] entre [[1810]] e [[1811]], marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no [[1816]].