Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Estados Unidos: Albany, Nova York
*Tamén na cidade de [[Bamberg]] o filósofo alemán, George Wilhelms Friedrich Hegel (que nacera en [[Stuttgart]] no [[1770]] e morrerá en [[Berlín]] no [[1831]]), publica a súa obra máis representativa, a "Fenomenología del espíritu", que fora rematada no [[1806]] (curiosamente o mesmo día na que de da a batalla de Jena, pola tarde). Por aquelas, Hegel era mestre nesa cidade, onde acudira interesado pola filosofía de Schelling e Fichte, a quenes admiraba. Deste último herdaría a cátedra da universidade de Berlín e pediría ser soterrado o seu carón. Coma todolos filósofos do seu tempo, a labor xuvenil de Hegel centrouse na crítica da [[relixión]] da [[historia]]. Pero o chegar a Jena tornou na consciencia da filosofía como medio de expresa-lo sentir da vida humana no seo da historia; polo que realizóu un enorme [[esforzo]] lóxico por introduci-la experiencia viva nun marco teórico, no que a historia da conciencia (enrexada coa [[experiencia]]) acaba por comprenderse a sí mesma. Isto identificóuno como técnica fenomenolóxica ou identificación con desenvolvemento da conciencia real. A fenomenoloxía é a súa vez unha reflexión sobor das leis do coñecemento e unha historia real da conciencia. Co percorrer do tempo, volve a publicar entre [[1812]] e [[1816]] a "Ciencia de la lógica", aparece coma continuación da fenomenoloxía. Nela, Hegel estable o famoso método dialéctico. Soo a filosofía da contradicción é unha filosofía viva; a flor da nacemento o fruto, que supón a morte daquela; polo que a morte é a cotradicción do renacer. De maneira dialéctica aluma a esencia da necesidade histórica. Na unidade das contradiccións: a tese ven negada pola antitese, de cuxa negación crease a síntese. No [[1821]] publica a "Filosofía del derecho", é a súa doutrina do home e a historia. O [[home]] illado é unha astracción: soo a [[sociedade]] da historia é concreta; a súa representación universal é concreto. Neste sentido, o suxeito real da historial é unha razón universal.
===Estados Unidos===
*O enxeñeiro e [[mecánico]] estadounidense [[Robert Fulton]], (que nacera no [[1765]] e finará no [[1815]]) inaugura unha liña regular de barcos a vapor con [[roda]]s no río [[río Hudson]], que circularan entre as cidades de [[Nova York]] e [[Albany, Nova York|Albany]] e cuxo primeiro percorrido faría o buque "''Clermont''". Fulton xa experimentara no ano [[1803]] cun pequeno batuxo a vapor polo que é un dos máis coñecidos artífices dos inventos relacionados coa navegación. No [[1797]] propuxo o goberno francés a construción dun [[submarino]] coa capacidade de poñer cargas explosivas nos navios enemigos, proxecto que levou a construción no [[1798]]. O non lograr que os franceses tivesen atención no seu proxecto, provou máis tarde coas británicas e tampouco o consegue; polo que volta para a súa terra, onde se adicou de cheo a aplicación da propulsión a vapor nos [[barco]]s, empregando para iso a máquina de [[vapor]] inventada por [[Watt]].
 
===Europa===
*Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], fruto da victoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, asimesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos da a coñecer, pero que non reseña nada do que hai en segredo) e [[Prusia]] é reducida a metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.
98.731

edicións