1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: rue:1807
m →‎Portugal: Río de Xaneiro - Rio de Janeiro
Liña 27:
*Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], fruto da victoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, asimesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos da a coñecer, pero que non reseña nada do que hai en segredo) e [[Prusia]] é reducida a metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.
===Portugal===
*Do outubro o decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en [[Lisboa]], a familia real embarcase rumbo a [[Brasil]]. A política de partición de [[Portugal]], entre [[Francia]] e [[España]], sin que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería [[Xoán VI]]), poidan evita-la; fai que toda a corte se decida trasladarse a [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]. Tras certo tempo en [[Portugal]] e, debido a declaración de independencia de [[España]], o corpo expedicionario inglés de Wellington obligará a [[Jean-Andoche Junot|Junot]] a capitular en [[Sintra]] o [[30 de agosto]] de [[1808]] e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de [[Soult]] no [[1809]] e de [[Masséna]] entre [[1810]] e [[1811]], marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no [[1816]].
*O [[27 de novembro]], despois de atravesar [[España]] cun exército de 28.000 homes para ocupar [[Portugal]], o xeneral francés [[Jean-Andoche Junot]] entra en [[Lisboa]] e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, todavía son visibles os barcos ingleses que se alexan dende o [[Texo]], e no que se enbarcou cara Brasil a corte portuguesa; [[María I]], a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei [[Xoán VI]], rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, [[España]] e [[Francia]] asinaran o [[Tratado de Fontainebleau]], polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, [[Manuel Godoy]] sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría en poder da decisión de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] unha vez que se rematara a guerra contra [[Gran Bretaña]]. Grazas o tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con [[Inglaterra]], a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos os buques de [[bandeira]] inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón amenazóu con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co [[Tratado de Fontainebleau]], tiña aberto o camiño cara Lisboa. Trala fuxida a que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e daría lugar o Imperio de [[Brasil]].
 
===Polonia===