Jazz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
m →‎Nacemento: St. Louis, Missouri
Liña 5:
== Historia ==
=== Nacemento ===
A música que se tocaba polas rúas e nos locais de Nova Orleáns era festiva e desenfadada, tocada principalmente por músicos [[raza negra|negro]]s e [[crioulo]]s. A maioría eran [[marcha]]s e a instrumentación era a propia deste estilo: a [[tuba]] levaba o [[ritmo]], e a [[corneta]], [[clarinete]] e [[trombón]] tecían as [[melodía]]s. Cando tocaban nun local, uníaselles [[piano]], [[banjo]] e axiña un novo instrumento, criado especialmente para a nova música: a [[Batería (instrumento musical)|batería]] (que aqui durante moitos anos se chamou [[jazz band]]). O característico deste estilo que continúa até hoxe (co nome de [[Dixieland (música)|Dixieland]] ou [[New Orleans (estilo)|New Orleans]]) era a improvisación colectiva: a corneta toca unha melodía adornada por riba polo clarinete e complementada polos contracantos do trombón, todo sobre unha rítmica sólida e sincopada de batería, tuba ou contrabaixo, piano e banjo ou [[guitarra]], a escritura non conta para nada, é unha arte puramente auditiva, a súa liberdade creadora vai máis alá da do compositor clásico, dúas versións distintas dun tema son dúas obras distintas; cando existe a composición e a escritura son elementos auxiliares da música jazz xa que a súa forma final depende da adaptación do músico ao lugar e ao momento onde ten lugar a actuación. Esta música foi gañando popularidade e foise estendendo cara ao Norte por [[St. Louis, Missouri|Saint Louis]] e [[Chicago]] (di a lenda que o feche dos bordeis de [[Storyville]] en 1917 foi a causa desta emigración).
É neste momento cando a nova música se comeza a se chamar jass, polo que parece utilizando un termo común no [[século XIX]] para referirse ao intercambio sexual. O 26 de febreiro de 1917, a [[Victor (discográfica)|Victor]] publicou o primeiro disco de jazz gravado pola [[Original Dixieland Jazz Band]]: un grupo de brancos liderados polo competente [[Nick LaRocca]] pero que non eran nin moito menos un dos baluartes desta música, como os músicos negros e crioulos [[King Oliver]], [[Freddie Keppard]], [[Kid Ory]] ou [[Jelly Roll Morton]]. Precisamente da banda de King Oliver sairía o home que levaría o jazz a ser o que hoxe coñecemos: [[Louis Armstrong]]. Entre 1925 e 1929 este cornetista e despois trompetista transformou a improvisación colectiva no [[solo]], e convertiu ao Jazz nun vehículo de expresión individual e autoafirmación, e xunto con [[Sidney Bechet]] configurou o [[Swing (estilo musical)|Swing]].