Josephine Baker: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Joséphine Baker
m St. Louis, Missouri
Liña 1:
[[Ficheiro:Baker Banana.jpg|thumb|right|Josephine Baker.]]
'''Freda Josephine McDonald''', máis coñecida polo pseudónimo de '''Josephine Baker''', nada en [[St. Louis, Missouri|Saint Louis]] en [[1906]] e finada en [[París]] en [[1975]], foi unha bailarina e cantante [[afroamericano|afroamericana]], coñecida como a Venus negra, cidadá [[Francia|francesa]] dende [[1937]].
 
Gañou o seu primeiro concurso de baile aos 14 anos, e comeza a actuar en vodeviles en [[Nova York]]. O [[2 de outubro]] de [[1925]] actúa en [[París]] e obtén un éxito inmediato co seu espectáculo de baile erótico no que aparece case espida, despois dunha xira exitosa por [[Europa]] instálase en París onde se converte nunha estrela, nos seus espectáculos faise acompañar do [[leopardo]] Chiquita, adornado cun colar de diamantes. O escritor [[Ernest Hemingway]] dixo dela que era a muller máis sensacional que ninguén vira nunca.