Sílex: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Usos e aplicacións: Buffalo, Nova York
m →‎Xénese: Poríferos
Liña 14:
 
Este fenómeno pode producirse:
* en [[clima tropical]], en épocas nas que os [[solo (edafoloxía)|solo]]s vermellos sufriron unha alteración física e química ([[meteorización]]) intensa;
* por descomposición de [[exoesqueleto]]s silícicos de organismos mariños tales como as [[diatomeas]] ou certas [[Poríferos|esponxa]]s;
* por achegas masivas de sílice pola sedimentación oceánica de cinzas volcánicas no curso de episodios eruptivos violentos.
A sílice precipita entón no leito dos océanos, en forma de aglomerados que forman nódulos, ou enchendo cavidades deixadas na creta (ou outras formas de calcarias) e cristaliza en nódulos.
Liña 21:
Semella que certos obxectos ou organismos puideran contribuír a iniciar a cristalización de certos sílex. Encontráronse, por exemplo, fósiles de esponxas ou de ourizos de mar no núcleo de certos sílex.
 
Nesta hipótese, o nódulo se formaría —no curso dunha reacción autocatalítica lenta— na [[epixenia|epixenesia]] das calcarias do entorno, é dicir, que as moléculas de [[carbonato de calcio]] foron reemprazadas unha a unha por moléculas de [[sílice]], sen cambiar a estrutura orixinal da rocha; así o sílex crecería a expensas da calcaria. O fenómeno de formación dun nódulo de sílex detense cando os depósitos de calcaria o envolven e o privan da chegada do sílice disolvido na auga.
 
==Usos e aplicacións==