Diferenzas entre revisións de «Francisco de Moure»

m
Castela - Castilla
m (Bot: Cambio Categoría:Escultores galegos por Categoría:Escultores de Galicia)
m (Castela - Castilla)
Naceu contra [[1595]] en [[Santiago de Compostela]]. Moi cedo trasladaríase a [[Ourense]], onde descubriría por medio do seu avó materno, canteiro de profesión, a súa vocación artística.
 
Viaxou a [[Castela - Castilla|Castela]], onde coñeceu os traballos de xente que deixarían unha fonda pegada nel, como [[Berruguete]] e [[Juan de Juni]]. Os seus comezos foron como aprendiz de Alonso Martínez, en [[Ourense]]. En [[1598]] comeza a traballar como escultor independente, realizando a escultura de San Roque da [[catedral de Ourense]]. Na súa primeira etapa destacan o retablo maior da [[Igrexa de Santo Estevo de Sandiás]], e ó de San Pedro das Maos ([[Ourense]]). Máis adiante realizaría obras como o San Mauro da [[catedral de Ourense]], o retablo da igrexa de Beade en [[Ribadavia]], e cinco retablos para o convento de [[Samos]].
 
Xa en [[Lugo]], realizaría a súa obra mais importante, o Coro da [[Catedral de Lugo]]. O rematar o coro lucense, contrátano en [[Monforte]] para a realización do retablo da capela maior da igrexa dos Xesuítas, o [[Colexio da nosa Señora da Antiga]], unha impresionante obra, en tamaño e calidade artística, que non sería quen de rematar, pois en Monforte o sorprende a morte en [[1636]], sendo o seu fillo Francisco quen rematará a monumental obra.
109.091

edicións