Tratado de Tordesillas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Castela - Castilla
m →‎Antecedentes: carabela (embarcación)
Liña 10:
== Antecedentes ==
 
O principio da expansión marítima portuguesa, baixo a éxida do Infante D. Henrique, levou as [[carabela (embarcación)|carabela]]s portuguesas polo [[océano Atlántico]], rumbo ao [[sur]], contornando a costa africana. Coa descuberta da Costa da Mina, inicíase o comercio de [[marfil]], [[ouro]] e [[Escravitude|escravos]], a atención de Castela foi despertada, Iniciouse unha serie de escaramuzas no mar, tomando parte embarcacións de ambas as Coroas.
 
Portugal, tentando protexer o seu investmento, negocia con Castela o [[Tratado de Alcáçovas]] en [[1479]], obtendo en [[1481]], do Papa [[Sisto IV, papa|Sisto IV]], a bula ''Æterni regis'', que dividía as terras descubertas e por descubrir por un paralelo á altura das [[Canarias]], dividindo o mundo en dous hemisferios: a norte, para a Coroa de Castela, e a sur, para a Coroa de Portugal. Sumándose a outras dúas bulas anteriores de [[1452]] (''dun diversas'') e [[1455]] (''Romanus Pontifex''), o Papa [[Nicolau V, Papa|Nicolau V]], Portugal recibira todas as terras conquistadas e a conquistar ao sur do [[cabo Boxador]] e da [[Gran Canaria]].