Oso pardo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Alimentación: salmo (xénero)
m →‎Descrición: Sentido (bioloxía)
Liña 26:
A súa pelaxe renóvase unha vez ao ano, na época estival,
 
A [[visión]] non a teñen moi desenvolvida comparada con outros [[Sentido (bioloxía)|sentido]]s, aínda que si pode ver en [[cor]] durante a noite. A longa distancia recoñecen formas mais non detalles, e detectan moito mellor animais ou obxectos en movemento que inmóbiles. Nalgunhas situacións desfavorables poden erguerse sobre as súas patas traseiras para aumentar o seu campo de visión. O seu [[oído]] é extremadamente agudo e desenvolvido do mesmo xeito có [[olfacto]] que é excelente, finísimo e, sen dúbida, o seu sentido máis desenvolvido e o que máis lles axuda na súa vida cotiá. Grazas a el poden detectar a longa distancia moitas das súas fontes de [[alimento]] e tamén o estado sexual doutros exemplares durante a época de [[celo]].
 
As súas [[mandíbula]]s teñen entre 36 e 38 [[dente]]s, entre os que destacan 4 caninos puntiagudos e robustos como os doutros [[carnívoros]]. Con todo, a presenza de incisivos aptos para cortar herba e talos, e de molares amplos e aplanados capaces de triturar alimentos de orixe vexetal, fan que a dentadura deste carnívoro estea perfectamente adaptada a un réxime omnívoro.