Lique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ml:ലൈക്കൻ
m Hábitat (ecoloxía)
Liña 2:
Os '''liques''' son [[ser vivo|seres vivos]] moi simples que se desenvolven como láminas ou placas de varias cores na superficie de [[árbore]]s ou de pedras, expostas á humidade e ao sol. Son xeralmente estudados polos [[botánica|botánicos]], a pesar de non seren verdadeiras [[plantae|plantas]]. Os liques son unha [[simbiose]] – un [[organismo]] formado por un [[fungo (bioloxía)|fungos]] (o [[micobionte]]) e unha [[alga]] ou [[cianobacteria]] (o [[fotobionte]]). Algúns [[taxonomía|taxonomistas]] colocan os liques na súa propia división ([[Mycophycophyta]]), mais isto ignora o feito de que os compoñentes pertencen a liñaxes separadas.
 
A verdadeira natureza desta simbiose é aínda tema de debate polos científicos. Algúns afirman que o fungo é un [[parasito]] do fotobionte; no entanto, en moitos casos, a alga soa non sobrevive no [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] ocupado, así como o fungo illado tamén non sobrevive e, polo tanto, non é realista usar o termo parasita.
 
O micobionte dos liques pertence, na súa maioría á clase [[Ascomycetes]] (por riba do 95%), sendo os restantes [[Basidiomycetes]]. Cada especie de lique ten unha especie diferente de fungo e é con base nesa especie que os liques son [[clasificación científica|clasificados]]. A clasificación baséase, en xeral nas características do [[talo]] e [[órgano (anatomía)|órganos]] [[reprodución|reprodutivos]]. Están descritas 13.500 a 17.000 especies de liques, de acordo con diferentes sistemas de clasificación. Cerca do 20% das especies de fungos coñecidas pertencen a liques.