Cowboy Bebop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
* {{nihongo |'''Faye Valentine''' | フェイ ヴァレンタイン | Fei Varentain}}
Unha muller fatal con adicción ó xogo. Únese á tripulación da ''Bebop'' sen que ninguén a convidara, para consternación de Jet e Spike. Abandona a nave en moitas ocasións durante o transcurso da serie, mais o afecto que sente pola tripulación, fai que sempre acabe volvendo. Jet e Spike que sempre deixan que volva aínda que afirman que están contentos cando ela se vai. Pilota unha nave espacial chamada ''Red Tail'', que é de cor azul pálido. O seu xogo, o engano, e o seu carácter competitivo non teñen rival, agás para Spike. Gran parte do seu pasado é un misterio, xa que sufriu un accidente do que saíu gravemente ferida e permaneceu crioxenizada durante moitos anos. O seu pasado vaise descubrindo ó longo da serie.
 
* {{nihongo |'''Ed'''| エドワード ウォン ハウ ペ ペル チブルスキー 4 世 | Edowādo Hau Peperu Chiburusukī Yon-es}}
: Nada na [[Terra (planeta)|Terra]], é unha nena xenio, excéntrica e unha experta [[hacker]]. Edo é unha nena, malia que o seu nome e a súa aparencia andróxina suxiren o contrario. Comprométese a axudar ós membros da Bebop en troques de converterse en membro da tripulación. A pesar de que é extremadamente intelixente, Edo é unha nena pequena, e considera á tripulación do Bebop como a súa familia. De feito, criouse nun [[orfanato]] terrestre dirixido por unha monxa, e o seu nome verdadeiro é Françoise.
 
* {{nihongo |'''Ein''' | アイン | Ain}}
: Ein é un can experimental de laboratorio identificado como un "can de datos" polos científicos que o crearon. Este título seu, suxire que ten unha intelixencia superior (que supera mesmo á dos seres humanos), xa que case ó final da serie aparece "hakeando" un ordenador doadamente, mentres que os intentos previos dos seus compañeiros fracasaran. A pesar da súa intelixencia superior, a tripulación do Bebop non percibe esta cualidade. A miúdo fai unha vida propia dun can normal, e xeralmente véselle dando voltas pola nave.
: O can do grupo
 
== Véxase tamén ==