Diferenzas entre revisións de «Casa de Bernadotte»

m
→‎Historia: Monarquía
m (→‎Historia: Monarquía)
 
==Historia==
Despois da [[Guerra Finlandesa]] en [[1809]], Suecia sufriu a perda traumática de [[Finlandia]], que viña constituíndo a metade oriental do [[Monarquía|reino]] sueco durante séculos. A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia|Gustavo IV Adolfo]] precipitaron un [[golpe de Estado]]: o tío de Gustavo Adolfo, [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que non tiña fillos, substituíno. Iso foi meramente unha solución temporal, pois, en [[1810]], o [[Riksdag]] elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.
 
Como [[Napoleón I de Francia]] era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da [[Europa Continental]], a través dunha rede de [[Estado satélite|reinos satélites]] levados polos seus irmáns (ver [[Primeiro Imperio Francés]]), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase. O [[21 de agosto]] de [[1810]], o Riksdag escolleu a [[Jean-Baptiste Bernadotte]], [[mariscal de Francia]], como [[herdeiro aparente]] do trono.
105.652

edicións