Sardeña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 56:
[[Ficheiro:Sardinia satellite.jpg|thumb|left|Imaxe satélite da illa]]
[[Ficheiro:Capotestasantateresagallura.jpg|thumb|left|Paisaxe granítico en Gallura]]
O territorio de Sardeña caracterízase por ser relativamente montañoso, estando arredor do 80% do territorio conformado xa sexa por [[montaña]]s ou [[outeiro]]souteiros. Con respecto aos outeiros e altiplanos rochosos representan o 67,9% da superficie, algúns dos cales, moi característicos, son chamados ''giare'' ou ''gollei''. As montañas son o 13,6% e están conformadas por antigas rochas niveladas por un lento e continuo proceso de erosión.
 
Estas montañas teñen a súa cima máis elevada no Perdas Caprias (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Punta La Marmora''), cunha altura de 1.834 m sobre o nivel do mar, no macizo do Gennargentu. Ao norte distínguense os montes de Limbara (1.362 m), o monte Rasu (1.269 m), o monte Albo (1.127 m) e o Corriasi de Oliena (1.463 m). Ao sur o monte Linas (1.236 m) e os montes do Iglesiente que posúen menos altitude a medida que se aproximan ao mar.
Liña 87:
A historia da Sardeña data xa de moi antigo. Por exemplo en [[1979]] foron datados vestixios humanos do 150.000 a.C. Na [[Prehistoria]] os habitantes da Sardeña estabelecéronse e comercializaron obsidiana, unha pedra usada na produción de bastas ferramentas, e este comercio revelou algúns contactos entres os sardos e a maior parte dos mediterráneos. Entre o [[Neolítico]] e a época do [[Imperio Romano]], deuse a [[civilización nuráxica]]. Mesmo actualmente, 7.000 anos despois, ''Nuraghe'' sobrevive. Hai sospeitas de que a misteriosa poboación [[Shardana]] chegou á Sardeña, vindo do [[Mediterráneo]] Oriental, arredor do século 20 a.C.
 
Pouco se sabe sobre esta xente, cuxo nome (que probabelmente signifique ''Xentes do Mar'') foi atopado nunhas inscricións exipcias. Segundo algúns estudos lingüísticos, este pobo partira de [[Sardis]] ([[Rexión de Lidia|Lidia]]) e chegou ao [[Mar Tirreno]], formando relacións con sardos e [[etrusco]]s.
 
A partir do [[-1000|1000 a.C.]], os mariñeiros [[fenicio]]s estabeleceron varios portos na costa sarda, que introduciron a escritura na illa arredor do [[-600|600 a.C.]] Porén, no 509 a.C., a guerra estalou entre os nativos e os propios fenicios, que pediron axuda a [[Cartago]], pasando finalmente a illa a formar parte do Imperio Cartaxinés. No [[-238|238 a.C.]], despois de ser derrotada pola [[República Romana]] durante a [[Primeira Guerra Púnica]], Cartago cedeu Sardeña a [[Roma]].
Liña 98:
 
=== Idade Media ===
Comezando o [[Século VIII]], os [[Península de Arabia|árabe]]s e [[bérber]]es realizaron varios ataques á Sardeña. Especialmente despois da conquista da [[Sicilia]] en [[832]]. Os bizantinos foron incapaces de defender este territorio, o máis afastado deste Imperio, polo que o gobernador local asumiu unha autoridade independente. Para mellor defensa, dividiu a illa en catro ''Giudicati'': [[Gallura]], [[Logudoro]], [[Arborea]] e [[Caralis]]. No ano [[900]] esets distritos tornáronse catro monarquías constitucionais independentes, caendo por varias veces no poder de [[Xénova]], de [[Pisa]] ou mesmo do [[Papa|papado]].
 
En [[1323]], o [[Reino de Aragón]] comezou unha campaña para conquistar a Sardeña da man do infante [[Alfonso IV de Aragón|Afonso]], en alianza co reino, ou ''giudicato'', de Arborea. Isto máis tarde se tornou o seu inimigo e, por un tempo, gobernou case a totalidade da illa con [[Eleonora di Arborea]], fino ata o último xuíz decidiu vender as terras remanentes para 100.000 florins de ouro. Os habitantes ligures nativos de [[Alghero]], cuxa cidade foi cedida polos reis de Arborea, foi repoboada polos invasores [[Cataluña|cataláns]], cuxos descendentes aínda hoxe falan [[lingua catalá|catalán]].
Liña 116:
[[Ficheiro:Alghero View.jpg|thumb|[[Alghero]], cidade ao norte da illa onde aínda se fala [[lingua catalá|catalán]]]]
[[Ficheiro:Mamoiada Mamuthone 1.jpg|thumb|Vestimenta típica do Entroido de Mamoiada, na [[Provincia de Nuoro]]]]
Cunha densidade de poboación de 69 hab./km², un pouco máis dun terzo da media estatal, Sardeña é a cuarta rexión menos poboada de Italia. A distribución da poboación é anómala en comparación coa doutras rexións italianas situadas no mar, de feito contrariamente á tendencia xeral, os asentamentos urbanos non tiveron lugar principalmente ao longo da costa, senón cara ao centro da illa. As razóns históricas para este propósito son os repetidos ataques [[árabePenínsula de Arabia|sarracenos]] durante a [[Idade Media]], que facían insegura a costa, as actividades gandeiras do interior e a natureza pantanosa das chairas costeiras, recuperada só no [[século XX]]. Con todo a situación inverteuse coa expansión do turismo de praia e hoxe tódolos principais centros urbanos sardos están situados preto das costas, mentres que o interior da illa é moi pouco poboado.
 
Ademais Sardeña é a rexión italiana coa máis baixa taxa de fecundidade total (1,087 nacementos por muller) e a rexión coa segunda menor taxa de natalidade. A esperanza media de vida é 81,1 anos (84,5 para as mulleres e 77,7 para os homes). É destacable que Sardeña comparte coa illa [[Xapón|xaponesa]] de [[Okinawa]] a maior taxa de centenarios no mundo con 22 centenarios por cada 100.000 habitantes).
 
=== Particularidades xenéticas ===
Os habitantes orixinarios de Sardeña, que agora están concentrados no interior da illa debido á presión dos colonos, son unha "anomalía xenética" na rexión mediterránea occidental. Pertencen ao [[haplogrupos do cromosoma Y|Haplogrupo]] I del [[cromosoma Y]], que só ten unha alta frecuencia nos países [[Escandinavia|escandinavos]], [[Alemaña]] e a zona norte de [[Croacia]] e [[Bosnia (rexión)|Bosnia]].
 
Ademais, o haplogrupo I dos pobos indíxenas dos sardos pertence ao subtipo I1b1b, que é case exclusivo da illa. Este haplogrupo tamén ten unha distribución baixa ao redor dos Pireneos, que indican unha certa migración dos sardos e os habitantes desa zona. Con todo, o sardo está máis estreitamente relacionado subgrupo croata-bosníaco que o subtipo escandinavo. Compre destacar que na illa ten especial relevancia unha enfermidade xenética chamada [[talasemia]].
Liña 186:
En xeral Sardeña ten unhas mellores condicións económicas que a meirande parte das rexións do sur de [[Italia]]. O sector primario goza aínda dunha importancia excepcional, sobre todo a cría de [[cabra]]s e de [[ovella]]. A agricultura foi modernizada, sobre todo na zona chaira do Campidano, onde se cultivan [[verdura]]s, [[cítrico]]s, [[arroz]], e onde se producen os famosos viños sardos.
 
Con todo, a pesar de ser unha illa, hai moi pouca tradición pesqueira, aínda que nas últimas épocas esá a gañar moita importancia, sobre todo na pesca do atún, exportado principalmente e [[Xapón]]. É destacable tamén a minería, restrinxida ao [[carbón]], ao [[antimonio]], ao ouro, ao chumbo e ao zinc. A extracción de granito representa un gran parte da industria no norte da illa. As industrias principais son [[química]]s, produtos [[Petróleo|petroquímicos]], traballo de [[metalMetal (material)|metais]], [[Cemento (construción)|cemento]], [[farmacia|farmacéutico]], [[estaleiro]]s e alimentación.
 
Con todo, hoxe a economía sarda está enfocada cara o sector terciario, que supón o 67.8 % de emprego, co comercio, servizos, tecnoloxía da información, e sobre todo sobre o turismo, que representa a industria principal da illa con 2.721 empresas activas e 189.239 prazas hoteleiras. En [[2008]] rexistráronse 11.896.674 pasaxeiros nos aeroportos da illa.
Liña 201:
=== Linguas ===
{{AP|Lingua sarda}}
As linguas mais faladas en Sardeña son o [[lingua italiana|italiano]] e o [[lingua sarda|sardo]], un [[Linguas románicas|romance]] con influencias do [[lingua fenicia|fenicio]], do [[lingua etrusca|etrusco]] e doutras linguas do oriente próximo. Aínda que estea en perdendo falantes, principalmente na xente nova de Cagliari, cara ao italiano, debido a razóns oficiais, segue a ser moi falada.
 
A parte destas dúas outras linguas son faladas na illa. Nas rexións do norte de Gallura e Sassari, a lingua falada é unha variante do [[lingua corsa|corso]]. Na [[illa de San Pietro]] fálase o [[lingua ligur|ligur]] de [[Xénova]]. En [[Alghero]], ao norte, fálase tamén un dialecto medieval do [[lingua catalá|catalán]], lembrándonos que a illa foi unha colonia [[Cataluña|catalá]].