Leonardo da Vinci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Automatically replacing Arezzo anghiari Battle standard leonardo da vinci paint.jpg with superior quality file, Peter Paul Ruben's copy of the lost Battle of Anghiari.jpg
Liña 247:
Os seus estudos sobre o voo dos paxaros ou o movemento da auga son sen dúbida moi destacables. Como lle faltaba formación básica en latín e en matemáticas, os investigadores contemporáneos ignoraron ao sabio Leonardo; con todo, o seu sorprendente autodidactismo levouno a aprender latín só.
 
Na década de 1490, estudou matemáticas á beira de Luca Pacioli e realizou unha serie de debuxos de sólidos regulares nunha forma esquelética para que formasen parte do libro ''Divina Proportione'' (1509).<ref name="Daniel"/> Estaba fascinado pola idea do absoluto e o universal.<ref name="Vezzosi3"/> Con todo, a súa cultura matemática era fundamentalmente práctica, coas limitacións propias dos [[Ábaco|abacistes]] do seu tempo, con algúns coñecementos da [[xeometría euclidiana]], de perspectiva e de mecánica, na liña do que sabían os teóricos do seu tempo. Con todo, Leonardo concibiu un instrumento cun sistema articulado destinado a permitir unha solución mecánica para o problema de [[Alhazen]], unha cuestión esencialmente técnica, que testemuña un coñecemento profundo das propiedades da [[cónica]].<ref name=Gille/>
 
As notas conteñen debuxos de numerosas innovacións coma diversas máquinas para voar (o [[3 de xaneiro]] de [[1496]] ensaiou unha das súas máquinas para voar sen éxito), un [[helicóptero]], armas de fogo, tanques armados, un [[submarino]] e un dispositivo con [[engrenaxe]]s que podería ser unha máquina para calcular.