Partos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Fraortes, rei medo
Liña 22:
De calquera maneira, un ano despois de que [[Ciro I]] derrotase ao medo [[Astiaxes]], Partia converteuse nunha das primeiras provincias en recoñecer a Ciro como o seu gobernante, "e esta alianza asegurou os flancos orientais de Ciro e lle permitiron dirixir a primeira das súas campañas imperiais contra [[Sardes]]".<ref>Mallowan, Max (1985): "Cyrus the Great", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páx. 406.</ref> Segundo as fontes gregas, despois de que [[Darío I]] se fixera co trono aqueménida, os partos uníronse co rei medo [[Fraortes, rei medo|Fraortes]] para rebelarse contra el. [[Histaspes]], o gobernador aqueménida da provincia, conseguiu reprimir a revolta, o que parece que ocorreu contra aos anos [[522]] a.C. / [[520]] a.C.
 
A primeira mención irania indíxena de Partia está na [[inscrición de Behistún]] de Darío I, onde Partia está incluída entre as satrapías cerca de [[Drangiana]]. A inscrición data de ao redor do ano [[520]] a.C. O centro da administración "puido estar no [o que máis tarde sería coñecido como] [[Hecatómpilo]]".<ref>Cook, J. M. (1985): "The Rise of the Achaemenids and Establishment of their Empire", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páxs. 200-291.</ref> Os partos tamén aparecen na lista de pobos sometidos aos aqueménidas de [[Heródoto]]; o historiador trata aos partos, corasmianos, sogdianos e areicos como pobos dunha soa satrapía (a 16ª),<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> cuxo tributo anual ao rei di Heródoto que era de tan só 300 talentos de prata.<ref> Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> Isto "causou con razón inquietude aos modernos eruditos".<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref>
 
Na [[batalla de Gaugamela]], en [[331]] a.C., entre as forzas de [[Darío III]] e as de [[Alexandre Magno]], unha de tales unidades partas era comandada por [[Fratafernes]], que daquela era o gobernador aqueménida de Partia. Tras a derrota de Darío III, Fratafernes entregou o seu goberno a Alexandre cando o macedonio chegou alí no verán de [[330]] a.C. Fratafernes foi nomeado de novo gobernador por Alexandre.