Partos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O Imperio parto: Roma Antiga
m Fraortes, rei medo
Liña 2:
[[Ficheiro:Scythia-Parthia 100 BC.png|thumb|350px|Extensión aproximada de [[Escitia]] e os [[Escita|idiomas escitas]] (en laranxa) no [[século I]] a.C.]]
 
Os '''partos''' (en [[latín]], ''Parthi'') eran un pobo que fundou no [[século -III|século III]] a.C.]] un imperio no territorio do que hoxe en día é [[Irán]].
 
A rexión de '''Partia''' quedaba ao noreste de [[Gran Irán|Irán]], coñecido sobre todo por ser a base política e cultural das [[Dinastías arsácidas]] polo que o [[Imperio arsácida]] é coñecido tamén como o [[Imperio parto]].
Liña 20:
Como unha rexión habitada polos partos, Partia aparece por primeira vez como unha [[entidade política]] nas listas [[aqueménidas]] dos gobernos locais ("satrapías") baixo o seu dominio. Antes diso, os pobos da rexión parece que estiveran sometidos aos [[Medos]],<ref>Diakonoff, I. M. (1985): "Media I: The Medes and their Neighbours", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2''. Cambridge University Press, páx. 127.</ref> e textos [[asiria|asirios]] do [[século VII]] mencionan un país chamado ''Partakka'' ou ''Partukka'' (aínda que pode que non coincidira topograficamente co que logo foi Partia).<ref>Diakonoff, ''Op. cit.'' páx. 104.</ref>
 
De calquera maneira, un ano despois de que [[Ciro I]] derrotase ao medo [[Astiaxes]], Partia converteuse nunha das primeiras provincias en recoñecer a Ciro como o seu gobernante, "e esta alianza asegurou os flancos orientais de Ciro e lle permitiron dirixir a primeira das súas campañas imperiais contra [[Sardes]]".<ref>Mallowan, Max (1985): "Cyrus the Great", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páx. 406.</ref> Segundo as fontes gregas, despois de que [[Darío I]] se fixera co trono aqueménida, os partos uníronse co rei medo [[Fraortes, rei medo|Fraortes]] para rebelarse contra el. [[Histaspes]], o gobernador aqueménida da provincia, conseguiu reprimir a revolta, o que parece que ocorreu contra aos anos [[522]] a.C. / [[520]] a.C.
 
A primeira mención irania indíxena de Partia está na [[inscrición de Behistún]] de Darío I, onde Partia está incluída entre as satrapías cerca de [[Drangiana]]. A inscrición data de ao redor do ano [[520]] a.C. O centro da administración "puido estar no [o que máis tarde sería coñecido como] [[Hecatómpilo]]".<ref>Cook, J. M. (1985): "The Rise of the Achaemenids and Establishment of their Empire", in Gershevitch, Ilya, ''Cambridge History of Iran, 2'', Cambridge University Press, páxs. 200-291.</ref> Os partos tamén aparecen na lista de pobos sometidos aos aqueménidas de [[Heródoto]]; o historiador trata aos partos, corasmianos, sogdianos e areicos como pobos dunha soa satrapía (a 16ª),<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> cuxo tributo anual ao rei di Heródoto que era de tan só 300 talentos de prata.<ref> Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref> Isto "causou con razón inquietude aos modernos eruditos".<ref>Cook, ''Op. cit.'', páx. 252.</ref>