Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Século XVII: Lingua rusa
m →‎Século XVII: Rosa (flor)
Liña 37:
Un subxénero, dentro das naturezas mortas, é a ''natureza morta floral'', que representa flores, no que foi moi experto o pintor [[España|español]] do [[Barroco]], [[Juan de Arellano]]. Produciuse en Holanda unha obsesión pola horticultura, particularmente o [[tulipán]]. Considerar as flores, a un tempo, como obxecto estético e símbolo relixioso, levou ao xurdimento dun grande mercado para este tipo de natureza.<ref>Paul Taylor, ''Dutch Flower Painting 1600-1720'', Yale University Press, New Haven, 1995, p. 77, ISBN 0-300-05390-8</ref> A natureza, como a maior parte das obras de arte holandesas, vendíase xeralmente en mercados abertos ou por marchantes, ou polos artistas nos seus obradoiros, e raramente eran encargos; Polo tanto, os artistas normalmente elixían o tema e a disposición.<ref>Taylor, p. 129</ref> Tan popular era este tipo de pintura de natureza, que gran parte da técnica da pintura de flores holandesa foi codificada no tratado de 1740 ''Groot Schilderboeck'' por Gerard de Lairesse, que daba amplos consellos sobre a cor, arranxo, pinceladas, preparación dos exemplares, harmonía, composición, perspectiva, etc.<ref>Taylor, p. 197</ref>
 
O simbolismo das flores evolucionara dende comezos da época cristiá. As flores máis comúns e os seus significados simbólicos eran: [[Rosa (flor)|rosa]] (a Virxe María, fugacidade, Venus, o amor), [[lirio]] (Virxe María, virxinidade, seo feminino, pureza de mente ou xustiza), [[tulipán]] (presunción, nobreza), [[xirasol]] (lealdade, amor divino, devoción), [[violeta]] (modestia, reserva, humildade), [[Aquilegia vulgaris|bonetes]] (melancolía) e [[mapoula]] (poder, soño, morte). En canto aos [[insecto]]s, a [[bolboreta]] representa a transformación e resurrección, mentres cá [[libélula|libeliña]] simboliza a fugacidade e as [[formigas]], o traballo duro e a atención ás colleitas.<ref>Taylor, pp. 56-76</ref>
 
Os artistas holandeses tamén se especializaron e reviviron o antigo xénero grego do bodegón de [[Trompe-l'œil]], particularmente a imitación da natureza ou ''mímese'', que eles chamaron ''betriegerje'' («pequeno engano»).<ref>Ebert-Schifferer, p.16</ref> Ademais destes tipos de bodegón, os artistas holandeses identificaron e desenvolveron separadamente pinturas de «cociña e mercado», almorzo e comida, ''[[vanitas]]'' e coleccións alegóricas.<ref>Ebert-Schifferer, p. 93</ref>