Born This Way: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: hy:Born This Way; cambios estética
Liña 20:
Gaga foi falando cos seus fans durante os seus concertos sobre a nova música que estaba a facer. A marzo de 2010, afirmaba que xa tiña o que sería primeiro single grabado. En xuño dese ano incoporaba ó setlist da xira a balada "Yoü and I", que sería cuarto single do novo álbum que vería a luz ós 11 meses. A partir de entón, as referencias ó seu novo álbum eran continuas no seus concertos e na súa conta de Twitter. A isto hai que sumarlle as declaracións de colaboradores como Akon ou Fernando Garibay.
 
A inspiranción detrás das letras deste álbum son as propias experiencias que lle contaban o seus fans ("Born This Way", "Bad Kids", "Americano", "Electric Chapel") e sobre a súa vida (o resto). Deste xeito, foi capaz de falar sobre o seu antigo modo de vida ("Marry The Night", "Black Jesus † Amen Fashion", "Yoü and I"), sobre os problemas que lle inquedan (sobre o amor e a igualdade na sociedade independentemente da cor e a sexualidade en "Born This Way", a inmigración e dereitos homosexuais en "Americano"), sobre o que está disposta a facer polos seus ideais ("The Queen"). Ó abrir o álbum pódese ler unha dedicatoria que define o álbum: ''Este álbum é para vós''.
:''Marry The Night'', escrita e producida por Gaga e Garibay, é unha homenaxe a Nova York. O tema que dá nome ó álbum , ''Born This Way'', é un himno á liberdade, á igualdade e ó amor, sendo escrita e producida por Gaga coa axuda de Jeppe Laursen na letra e Garibay na produción. O seguinte tema , ''Government Hooker'', conta a fantasía sexual entre Marilyn Monroe e o presidente Kennedy e foi escrita e producida por Gaga e DJ White Shadow, incorporando elementos de ópera. A continuación vén unha historia de traizóns e amor escrita e producida por Gaga e RedOne, con moito parecido a ''Bad Romance''. ''Judas'' ,nas palabras de Gaga, vai ''sobre namorarse do home equivocado una e outra vez''. Na quinta canción temos unha balada pseudo mariachi e flamenca ó mesmo tempo. Gaga atrévese có español nesta canción escrita e producida por ela e Garibay, que refelxiona sobre a inmigración e o matrimonio gay. ''Hair'' é o sexto tema, con saxo de [[Clarence Clemons]]. Escrita e producida por Gaga e RedOne, nesta melodía dance-pop a extravagante artista afirma ser ''tan libre como o meu pelo''.
 
== Composición musical ==
''Born This Way'' non ten que ver cos traballos anteriores de Gaga. Neste disco aprécianse os máis variopintos estilos ( dance, ópera, heavy metal, eurotrash, rock 'n roll, disco). Destaca o canto gregoriano en ''Bloody Mary'', a guitarra eléctrica de ''Bad Kids'', a música mariachi en ''Americano'' e, sobre todo, o saxo posto por unha lenda como foi Clarence Clemons (Bruce Springsteen and the E-Street Band) en ''Hair'' e ''The Edge of Glory'' e o solo do guitarrista de ''Queen'' Brian May en ''Yoü and I''. Polo que podemos dicir que Gaga rodeouse de verdadeiras lendas para este disco.
As principais inspiracións para este álbum foron Whitney Houston (''Marry The Night'', ''Fashion of his Love'' )e Bruce Springsteen (''Hair'', ''Highway Unicorn'', ''The Edge of Glory'').
 
Liña 35:
# ''Hair'' - (Lady Gaga, RedOne)
# ''Scheiße'' - (Lady Gaga, RedOne)
# ''Black Jesus † Amen Fashion'' - (Lady Gaga, DJ White Shadow)
# ''Fashion Of His Love'' - (Lady Gaga, Fernando Garibay)
# ''Bloody Mary'' (Lady Gaga, Fernando Garibay, DJ White Shadow)
Liña 70:
[[hr:Born This Way]]
[[hu:Born This Way]]
[[hy:Born This Way (Լեյդի Գագա ալբոմ)]]
[[id:Born This Way]]
[[it:Born This Way]]