Leonardo da Vinci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Automatically replacing Arezzo anghiari Battle standard leonardo da vinci paint.jpg with superior quality file, Peter Paul Ruben's copy of the lost Battle of Anghiari.jpg
Liña 91:
=== De Venecia a Florencia (1501-1508) ===
En marzo de 1499, Leonardo traballou como arquitecto e enxeñeiro militar para os venecianos que querían construír proteccións na súa cidade.<ref name="Chiesa"/><ref name="Liana"/> Por este motivo, elaborou sistemas para defender a cidade dun posible ataque naval dos [[Turquía - Türkiye|turcos]] e, entre as súas propostas, destaca a invención dun tipo de [[escafandra]] submarina cun casco rudimentario. Os turcos non atacaron e o invento nunca foi utilizado. A finais de abril, volveu a Florencia e alí, logo de facer un estudo sobre os cursos de [[Friul|auga no Friul]], propuxo un sistema de [[esclusa]]s para facer posible o levantamento do curso do [[Isonzo|río Isonzo]] e así poder alagar toda unha rexión que cubría as proximidades de [[Venecia]].<ref name=Gille/>
[[Ficheiro:ArezzoPeter anghiariPaul BattleRuben's standardcopy leonardoof dathe lost Battle vinciof paintAnghiari.jpg|thumb|left|300px|''[[A batalla de Anghiari]]'' de [[Peter Paul Rubens]] é unha das copias da obra orixinal de Leonardo. A cal retoma «A loita polo estandarte», a parte central do fresco de Leonardo.]]
[[Ficheiro:Sangallo2.jpg|thumb|left|300px|''[[A batalla de Cascina]]'' de [[Miguel Anxo]]. Mentres Leonardo pintaba ''A batalla de Anghiari'', na parede oposta, Miguel Anxo realizaba o seu fresco.<ref name="Vezzosi4"/>]]
Regresou a Venecia en abril de 1500 para permanecer alí durante un par de meses logo de estar en [[Mantua]] en compañía do frade matemático [[Luca Pacioli]]. En Mantua destacou por un retrato que lle fixo a [[Isabel d'Este]]. Unha carta do 4 de abril de 1501 na que Pierre de Nuvola responde á duquesa de Mantua, en relación a Leonardo afirma que «os seus estudos matemáticos afastárono da pintura»; Leonardo continuaba levando a cabo grandes investigacións.<ref name=Gille/> En 1501, recibe no convento da Santissima Annunziata a aprobación para facer un bosquexo preparatorio do que sería ''[[A Virxe e o Neno con santa Ana e san Xoán Bautista]]'', unha obra que provocou tal admiración que «homes e mulleres, novas e vellos» acudían a observala «coma se estivesen participando nun gran festival».<ref name="Vasari"/><ref>En 2005, o estudo preparatorio foi redescubierto durante a restauración dun edificio ocupado durante cen anos pola sección xeográfica do exército. Richard Owen, Found: the studio where Leonardo met Mona Lisa, [http://www.timesonline.co.uk/tol/news/world/article411195.ece Times New York]</ref> Realizou unha breve estancia en [[Roma]], na [[vila Adriana]], en Tívoli.<ref name="Vezzosi4"/> Estivo traballando na ''[[Virxe do fuso]]'', un encargo de Florimond Robertet, o secretario de Estado de [[Luís XII de Francia]].<ref name="Vezzosi4"/>