Mencey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Mencey''' é o nome dado ó monarca ou rei dos guanches de Tenerife, que rexía un '''menceyato''' (territorio ou reino). O equivalente en Gran Canaria denomínase ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de abril de 2012 ás 14:14

Mencey é o nome dado ó monarca ou rei dos guanches de Tenerife, que rexía un menceyato (territorio ou reino). O equivalente en Gran Canaria denomínase Guanarteme.

División en menceyatos da illa de Tenerife no momento da conquista
Estatua de Tinerfe O Grande en Adeje, Tenerife.
Estatua de Beneharo na Praza da Patroa de Canarias (Tenerife).

En Tenerife, o último gran mencey, foi Tinerfe O Grande, cabe destacar, que moitos dos nomes dos menceyes, son produto da imaxinación do poeta Antonio de Viana, nado case 80 anos despois da conquista de Canarias. Grazas a algúns manuscritos anteriores a el, consérvanse nomes de menceyes e guerreiros, como o de Benytomo (Bencomo), fillo do mencey Sunta, que tiña a súa corte en Adeje (cen anos antes da conquista) e gobernaba toda a illa. Tivo 9 fillos lexítimos e un ilexítimo, que posteriormente se rebelaron e dividiron a illa en 9 menceyatos.

Ademais, existía un pequeno territorio para o seu fillo ilexítimo que posteriormente se chamou "Punta del Hidalgo Pobre" (actualmente Punta del Hidalgo).

Os Menceyes tiñan un lugar de reunión chamado Tagoror. En 1502, anos despois de dada por conquistada a illa, reunificouse o Menceyato de Adeje baixo o mando do mencey Ichasagua. Outro mencey singular foi o chamado "Mencey Tolo".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos