Diferenzas entre revisións de «GalegoLab»

m
Desfixéronse as edicións de 83.45.254.225 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoacas
Etiqueta: referencias eliminadas
m (Desfixéronse as edicións de 83.45.254.225 (conversa); cambiado á última versión feita por Xoacas)
'''GalegoLab''' é unha asociación cultural fundada en [[2010]]<ref>A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010.</ref> co obxectivo de promocionar e normalizar a lingua propia de [[Galiza]], o [[lingua galega|galego]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/46605/galegolab-nace-para-renovar-a-loita-polo-galego-.html GalegoLab nace para renovar a loita polo galego], nova n'''A Nosa Terra''.</ref>. A organización ten como principal [[ferramenta]] de traballo a súa [[páxina web]], que vén sendo unha [[rede social]] de [[crowdsourcing]], onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.
'''GalegoLab''' é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque de abaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá.
A súa ferramenta principal é a web GalegoLab, unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010.
 
 
{{Cita|''GalegoLab ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.''|Presentación na web da organización}}
 
Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar este proxecto foron [[Iago Martínez]], [[María Yáñez]], [[Belén Regueira]], [[Antón Reixa]] ou [[Xabier P. DoCampo]].
[[Antón Reixa]] é o seu presidente.
 
En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da [[Xunta de Galicia]] premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas<ref>[http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2010_09_14_modernizacion_premia_proyectos.html "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información"], artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010</ref>.
 
Asemade, GalegoLab recibiu o premio Mestre Mateo 2010 da Academia Galega do Audiovisual á mellor obra interactiva.
 
==Notas==
199.109

edicións