Plinio o Novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Roma Antiga
m →‎Traxectoria: Marcus Tullius Cicero
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Comenzou a escribir ós 14 anos unha traxedia en grego, pero Plinio destacou en poesía, a maior parte dos seus escritos perdéronse, a pesar do coidado que tiña por eles. Tamén coñecido polos seus dotes de orador, considerándose seguidor de [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]], a súa prosa era menos directa e rechamante que a deste último. Participou en moitos xuízos, pero o único discurso que se conserva del é o seu ''Panegiricus Trajani'', descrición aduladora e enfática da figura de [[Traxano]], que é un instrumento valioso para estudar diversas accións que fixo este emperador no campo administrativo como nos impostos, xustiza, disciplina castrense e comercio. Plinio definíao como un tratado sobre o gobernante perfecto.
 
As súas cartas son un testemuño único da administración ordinaria do [[século I]]. O seu estilo é moi diferente dos usados nos panexíricos, afirmando algúns críticos que Plinio é o inventor dun novo xénero literario: a carta escrita para ser publicada.