Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

m
m (→‎Primeiros anos: Exeria (escritora))
O carácter universalista da obra de Orosio quizá sexa o matiz máis destacable, e nel coinciden todo tipo de autores, desde clásicos como [[Menéndez y Pelayo]] ata o moderno Torres Rodríguez<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.75</ref>. A súa obra sinálase como a primeira obra de historia universal de índole cristiá (ou a última do universalismo clásico, se se prefire)<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 373.</ref>.
 
Paulo Orosio utiliza a denominada ''teoría da sucesión dos catro imperios universais''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 378.</ref>, tomando a premisa de que a partir das ruínas dunha gran civilización xorde outra. Así, colle catro imperios históricos, [[Babilonia]], a [[Antiga Roma Antiga|Roma]] pagá, [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e [[Cartago]], e un quinto, a Roma cristiá, como herdanza de todos eles. De feito, durante a narración os catro imperios teñen un mesmo devir e uns paralelismos moi marcados en oposición á Roma que desexa enxalzar.
 
Outra característica importante da obra histórica orosiana é o [[localismo]]. Torres Rodríguez fala de "patriotismo" no sentido de que Orosio fai especial fincapé nos feitos que ocorren en Hispania. Pon exemplos respecto diso con narracións de acontecementos nas ''Historiae'', como os ocorridos en Bracara ou no feito de que fose o propio Orosio o encargado de trasladar as reliquias de santo Estevo<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.77</ref>. García Fernández,pola contra, sinala como esaxerada a cualificación de "patriótica" e rexeita practicamente todas as afirmacións que fai Torres Rodríguez. Seguindo esa liña, máis ca hispanismo sinala unha "actitude benévola" fronte ao indíxena hispano<ref>GARCÍA FERNÁNDEZ, Francisco José. 'La imagen de Hispania y los hispanos a finales de la Antigüedad. Las Historiae Adversum Paganos de Paulo Orosio'. In ''Conimbriga, 44:2005.</ref>.
104.889

edicións