Paulo Orosio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historiae adversus paganos: Florencia - Firenze
m →‎Primeiros anos: Exeria (escritora)
Liña 18:
== Biografía ==
=== Primeiros anos ===
A pesar da escaseza de fontes, se se dá por bo o abano de dez anos entre 375 e 385 para o nacemento de Orosio, habería que enmarcalo nun momento de pleno desenvolvemento do [[priscilianismo]] e de auxe cultural do noroeste ibérico coa aparición de [[Exeria (escritora)|Exeria]] ou de [[Hidacio]]<ref>LÓPEZ PEREIRA, J.E. 'Cultura y literatura latinas en el NO peninsular en la latinidad tardía', ''Minerva. Revista de Filología Clásica'', 1:1987 , p. 129-144.</ref>.
 
Paulo Orosio podería pertencer a unha familia ben situada socialmente<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002.</ref> o que lle permitiría acceder a unha boa formación. A historiografía contemporánea sinala que desde a mocidade Orosio tiña sona de falador e erudito, en base a afirmacións de Agostiño de Hipona e do [[papa]] [[Xelasio I, papa|Xelasio I]]. En calquera caso, todo o referente á mocidade do autor non son máis que hipóteses e conxecturas, pois xunto á súa desaparición é a época peor coñecida da súa biografía.