Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: República Romana
Na [[século de Pericles|época clásica]], Epidauro gozou dun gran renome grazas ao seu santuario consagrado a [[Asclepio]], onde se practicaba a [[medicina]] pola interpretación dos soños. Comprendía varios edificios públicos, entre os cales había un gran templo construído no século IV a.C. En honor de Asclepio organizábanse as ''Asklepieia'', [[Xogos Panhelénicos]] [[Concurso pentetérico|pentétericos]] que comprendían carreiras de cabalos e, a partir do século IV, concursos de poesía. O culto de Asclepio tivo o seu apoxeo na [[período helenístico|época helenística]].
 
En 243 a.C. Epidauro reuniu á [[Liga Aquea]]. No verán do 225 a.C. foi tomada por [[Cleómenes III]], rei de Esparta.<ref>[[Polibio]], ii, 3,52.</ref> E converteuse en aliada de [[República de RomaRomana|Roma]].
 
Baixo dominio romano perdera toda importancia e era practicamente o porto do templo de Asclepio. Pausanias dá unha lista dos seus edificios principais: o templo de [[Atenea]] Cisea na [[acrópole]], o templo de [[Dioniso]], o de Artemisa, o de Afrodita e, por suposto, o de Asclepio, nas aforas; e o de Hera no porto,<ref>Pausanias, ii, 29,1</ref> probabemente no actual Cabo Nicolau.
96.675

edicións