Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: Cos - Κως
Nos séculos VII e VI a.C. pertencía á [[anfictionía]] chamada "dos [[Minias]]", cuxo emprazamento estaba situado na illa de [[Poros (Grecia)|Calauria]].<ref> [[Estrabón]], ''[[Xeografía de Estrabón|Xeografía]]'', viii, 6,15.</ref> A finais do século VI estaba gobernada polo tirano Procles, que deu a súa filla Melisa en matrimonio a [[Periandro de Corinto|Periandro]], tirano de [[Corinto]].<ref>[[Heródoto]], ''[[Historias (Heródoto)|Historia]]'', iii, 50; v,92.</ref> Periandro atacou Epidauro e fixo prisioneiro a Procles conquistando a cidade. Despois da tiranía volveu a [[oligarquía]].
 
En época histórica, oligarcas dóricos continuaban sendo os dirixentes da cidade, que era unha das principais cidades comerciais do Peloponeso, e colonizou [[Exina]] que, durante moito tempo foi unha dependencia súa. Tamén colonizou [[Cos - Κως|Cos]], [[Calimnos]] (''Calidnos'') e [[Nisiros]], pero cando o comercio creceu, Exina aumentou a súa importancia e suplantou á metrópole no século VI a.C.
[[Ficheiro:Epidauros-Stadion-1.JPG|thumb|esquerda|300px|right|Estadio de Epidauro.]]
 
Epidauro foi sempre fiel aliada de [[Esparta]] mentrasmentres que coa súa metrópole, [[Argos (Grecia|AQrgos), rompeu relacións despois da instauración nesta cidade da [[democracia grega|democracia]]. A cidade de Epidauro estaba gobernada por ''artinos'' (''artynae'') que presidían un Consello de 180 membros; os habitantes originais non dorios eran os ''konípodes'', que traballaban a terra para os seus amos dorios, pero non eran esclavos.
 
Nas [[Guerras Médicas]] a cidade enviou oito naves á [[Batalla de Artemisio]], 800 homes á [[Batalla de Platea|Platea]] e 10 barcos á [[batalla de Salamina|Salamina]]. Ao acabar a guerra, [[Salamina (isla)|Salamina]] aliouse con Esparta e entrou na [[Liga do Peloponeso]], contra Atenas e a [[confederación de Delos]]. Tomou parte no "asunto de [[Corfú|Corcira]]" e proporcionou [[trirreme]]s a Corinto. Epidauro constituiu un punto neurálxico do enfrontamento entre Atenas e Esparta.
96.644

edicións